Na semana pasada empezamos a realizar actividades relacionadas coa festa do Entroido.
Cos compañeiros de 5º fixemos un mural no que disfrazamos.....? Iso é o que vos toca adiviñar!
Tamén, con persoal de Urbana Norte, empezamos a facer máscaras venecianas, que na semana que ven pintaremos. Aí van unhas imaxes das actividades. Que vos gusten!
CHARLA-COLOQUIO CO DIRECTOR E ORIENTADORA DO IES XELMÍREZ II COS ALUMNOS DE 6º DE E.P.
O mércores 12 de febreiro, á volta do recreo,
tivemos unha sesión de traballo co Director (José Luís) e a Orientadora (Cruz),
do IES Xelmírez II, na nosa aula.
Ademais de facer un percorrido virtual polo
centro, mediante imáxenes, estivéronnos explicando o que nos vai supoñer o
traslado a ese centro: a nivel de horarios, profesorado, áreas/asignaturas,
normas, medios,....
Nós fixemos, para o día seguinte, unha pequena
reflexión do que teriamos que cambiar, ou mellorar, para levar a bo termo os
nosos estudos.
Uns máis, outros, menos, pero apuntamos,
sintetizadas, ideas como:
“Teño
que mellorar no comportamento, non facer o tonto e deixar de xogar na clase”.
“Teño
que cambiar o ritmo de traballo, atender máis nas clases, e non facer o tonto
nin o lacazán”.
“Debería
de estudar máis, repasar as cousas e volvelas a ler, nos exames ler as
preguntas máis dunha vez e repasalos... e estudar máis”
“Debería facer máis e esforzarme máis”.
“Se
teño algunha dúbida, pregunatr e non calar, atender ás explicacións, traballar
con bo ritmo, fixarme máis na escrita, intentar non deixar as tarefas para o
último día e non deixar cousas sen facer”
“Debo
cambiar a miña forma de traballar e aínda prestar máis atención”.
“Debería
mellorar o meu comportamento, estar máis atento nas clases, charlas, saídas...,
facer as actividades que me mandan e ser máis independente á hora de facelas. Pero penso que non son o suficientemente maduro
para pasar para o IES”.
"debería escribir máis rápido, estar máis atento, presentar mellor os traballos e facelos todos, ler moitísimo máis e estudar, cada día, o que nos vaian explicando".
"Considero que teño que mellorar a letra, facer rápido as actividades, fixarme cando copio os enunciados, releer as actividades cando as acabo e esforzarme máis en todo".
REFLEXIÓN DA TITORA:
Creo que tedes claro o que tedes que facer cada
quen. Eu estou de acordo coas ideas que apuntades. Algunhas precisan que
transcorra tempo pero, outras,….. que vos parece se xa empezamos a poñelas en
práctica?
Se empezades agora, non credes que xa tedes moito camiño andado?
RITMOS IBÉRICOS NO TEATRO PRINCIPAL CO GRUPO
DE PERCUSIÓN ODAIKO E A BANDA MUNICIPAL
O luns, día 10, fomos os alumnos de 5º e 6º de
EP ao Salón Teatro, a participar nun espectáculo do grupo Odaiko e a banda
Municipal de Santiago.
Narraron a historia dun grupo de percusionistas que se foron de viaxe por
diferentes puntos da xeografía. En cada cidade ou CCAA que paraban, sempre se
encontraban con algo que lles animaba a poñerse a tocar. Por iso poidemos escoitar e facer
nós tamén ritmo co nosos corpo de música moi variada: muiñeiras, sevillanas,
marcha militar, samba, etc.
Gustounos moito porque foi moi participativo,
ameno, e “marchoso”.
Os do terceiro ciclo iniciamos as actividades
complementarias dos 2º trimestre asistindo a un concerto da
Orquestra Xoven da Real Filharmonía de Galicia o día 24 de xaneiro.
Foi a primeira vez que asistimos a un concerto de músicos tan novos e en tan grande número. Había moitísimos músicos. A maioría dos instrumentos eran de corda e de vento.Foi moi diferente a todos aos que asistimos.
Ímosvolo contar: unha rapaza estaba sentada, nunha esquina do escenario, e ía lendo un diario dunha moza, estudante de conservatorio. Cada vez que lía un anaco, e tendo en conta o que transmitía, os músicos interpretaban unha peza. A moza, que se namorou dun compañeiro, soñaba con viaxes a distintos países e a orquestra interpretaba as pezas acordes cos seus soños. Ao final, iso fíxose realidade!
Gustounos moito e resultounos moi entretido!
Deixámosvos unhas imaxes.
(Chicas e chicos de 6º de E.P.)
1/2/14
CONTA CONTOS DA EDITORIAL VICENS VIVES
O venres 17 de xaneiro fomos ao
salón de actos, xunto cos compañeiros de 4º e 5º para participar nunha
actividade de conta contos ofertada pola editorial Vicens- Vices.
Desta
editorial leramos no primeiro trimestre a obra “Noiteboa de Pantasmas” que nos
gustou moito. Os contos non tiñan
relación con este libro pero tamén nos gustaron moito e ademais foron moi
entretidos.
Ao entrar vimos unha mesa
tapada cun pano negro e enriba un cesto. Pareceunos que non había ninguén pero
si que había: a conta contos estaba agochada debaixo da mesa.
O primeiro conto tratou dun mozo que
foi pasear a un bosque e veu pasar unha
rapaza moi fermosa. Prendouse dela. Ao día seguinte volveu ao mesmo sitio e
volveu a pasar a moza. Miráronse
e.... así foron pasando os días ata que, un día, o mozo foi quen de falarlle.
Namoráronse e decidiron casarse pero a moza púxolle como condición que nunca
podería abrir o cesto para mirar o que había dentro.
E así foi, casaron, eran
moi felices pero un día que el quedou na casa porque estaba enfermo e, a muller
si saíu, el non puido resistir a tentación de abrir o cesto. Botou grandes gargalladas ao
comprobar que estaba baleiro. Nese momento a muller notou como se lle partía o
corazón. Ao chegar a muller á casa axitouno e soou como se estivera cheo de
cousas. A muller, decepcionada, marchou e nunca máis se volveu a saber dela.
CONCLUSIÓNS
QUE SACAMOS:
*Aínda que non poidamos ver algunha cousa non quere dicir que non exista
*Non todas as persoas son como aparentan.
*Nunca, pero nunca, debemos romper as promesas.
O segundo tratou de dúas tartarugas que se namoraron e casaron. Ela sempre estaba na casa mentres el ía pescar. Como se aburría, ao cabo dun tempo, foille pedindo algunha cousa: pinturas…. El mercáballe un cadro xa feito; unha partitura ou unha frauta.... el mercáballe un equipo de musica, etc. Cada cousa que lle levaba íalla atando enriba da cuncha, de xeito que chegou un momento en que xa case non se podía mover. Pensando, pensando, decidiu saír da cunha e empezar a facer cousas. E así o fixo: brincaba, bailaba, pintaba... Ata que un día decidiu fuxir e outras tartarugas decidiron facer o mesmo.
CONCLUSIÓNS QUE SACAMOS:
*Debemos respectar as ideas dos demais, dos compañeiros para que sexan os nosos amigos.
*As persoas teñen que ser libres, independentemente do sexo.
O terceiro conto tratou dunha señora que ía para o mercado a vender mel pero tropezou, e caeulle todo ao chan. Púxose a chorar e dicía: “Papá Deus, Papá Deus, porque me traes tanta desgraza?
Un mono observou a escena e, ao marchar a señora, probouno e gustoulle. Pensou que a desgraza era o mel e polo tanto que a desgraza era algo delicioso.
Foi xunto a Papá Deus a pedirlle toda a desgraza do mundo. Deulle un saco e díxolle que o fose a abrir ao medio do deserto. A sorpresa foi que del saíron uns cans famentos... O mono empezou a correr diante deles, dando voltas, e cando xa pensaba que lle chegaba o fin, brotou unha árbore, subiuse a ela e salvouse.
CONCLUSIÓNS QUE SACAMOS:
*Non todo é o que parece, cando teñamos dúbidas se interpretamos algo ben, debemos preguntar antes de concluír. Co diálogo será mellor a convivencia.
*Nunca debemos perder a esperanza; sempre hai algunha “man amiga” coa que contar.
Con moita práctica e habilidade. Semellaba imposible pero... Hai quen é capaz de bailar o peón dos xeitos máis sorprendentes. Óscar é un crack; a proba está no seguinte vídeo no que aparece facendo xirar o seu trompo enriba dun pé. A ver se no "gran día" é capaz de facelo en directo.
Na semana do 28 de outubro conmemorouse
a “I Semana da Ciencia en Galego”, no CEIP de Vite I.
En todas as aulas realizaron
experimentos científicos e posteriormente cada grupo presentoullos
a compañeiros; algúns aos do mesmo ciclo e noutros casos, coma a
nós, que tamén nos presentaron as súas actividades os de 4º de
EP.
Nós traballamos sobre a materia, as
súas propiedades e os seus cambios. Elaboramos unha presentación en
power point. Traballamos de forma experimental, no laboratorio, para
medir a masa e o volume de obxectos e despois poder calcular a súa
densidade e comparala coa da auga (flotación), realizamos e
observamos cambios físicos e químicos, etc.
Xunto con Álex o de prácticas e a
nosa titora montamos nunhas mesas, diante da biblioteca, unha
exposición interactiva aberta á comunidade educativa, para realizar
diferentes xogos de matemáticas, observar rochas e minerais, diverso
material de laboratorio, etc.
Resultounos moi interesante, pasámolo
moi ben e aprendemos moito sobre todo cos experimentos.Poñémosvos unhas imaxes desta
conmemoración.
Iniciamos as publicacións, aínda que con retraso, comentando algunha das actividades realizadas ata o día de hoxe e que non son meramente escolares.
O 18 de outubro fomos, cos compañeiros de 5º, ao Auditorio de Galicia, no que poidemos disfrutar da representación da obra "A voz das baleas" de Robert Crumb. Ao principio, os tres músicos participantes, fixeron diferentes demostracións de como os instrumentos empregados, piano, frauta e violonchelo, tocados axeitadamente, imitan sons de animais ou da natureza en xeral.
Logo xa representaron a peza indicada e, a verdada, gustounos porque foi un concerto diferente.(6º de EP)
Aquí tedes unha pequena mostra do que disfrutamos o venres no aquapark de Cerceda (alumnos de 3º, 5º e 6º de E.P.). Non só iso: os compañeiros de 6º de E.P. recolleron o premio por participar e quedar de semifinalistas no concurso Ecopreguntoiro. Bueno, e tamén podemos ver a Edu contando o seu chiste a todo o público presente, jeje.
Roi, o compañeiro de 5º, deunos unha clase de Coñecemento do Medio xa que atopou nunha árbore a unha libélula en pleno proceso metamorfósico: saíndo da crisálida.
Grazas aos compis de 6º por convidarnos a esta actividade!
Resultou xenial!
Xa rematamos a presentación dos traballos en 6º e falta moi pouquiño en 5º. A experiencia está resultando moi positiva e a gran maioría dos rapaces e rapazas están demostrando unha gran habilidade e bo facer á hora de poñer en práctica os seus xogos.
Hoxe Edu quixo facer un agasallo a todo o grupo e trouxo un novo xogo (cada alumno/a tivo que elixir só un xogo para presentar ante os seus compañeiros/as porque o tempo non dá para máis), chámase A PATA DE GALO e consiste en ir facendo figuras collendo un cordel coas mans de diversos xeitos. A fonte bibliográfica de onde o sacou foi o libro CHIRLOSMIRLOS, de ANTÓN CORTIZAS
Déixovos, tamén unha presentación coas fotos da xornada:
O Día Internacional do Museo celébrase en todo o mundo o 18 de maio, co obxectivo de achegar os museos á sociedade e ao público en xeral.
O alumnado de 3º ciclo de EP tivo a sorte de poder participar, xunto coas persoas de AGADEA -Asociación Galega de Enfermidade de Alzheimer-, nunha visita ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), o xoves 17. Alí compartimos uns momentos entrañables practicando os xogos de sempre e incluso indo á escola que as señoras maiores lembraban e aos nosos nenos foilles moi divertida.
A experiencia compartida foi moi enriquecedora para todas e todos, como se pode apreciar nas fotografías.
Esta semana recibimos a semana de Fina Casalderrey, que nos contou anécdotas moi interesantes da súa vida e obra. Tamén asinou os nosos exemplares do seu libro "O misterio do faro vello".
Estas son as imaxes para lembrar ese momento tan importante da sinatura dos libros.
O alumnado de 5º e 6º preséntavos este conto encadeado, elaborado por eles/as, con motivo do Día Internacional do Libro 2013; os outros ciclos tamén tiveron que facer as súas propias creacións.
Onte, día 23 de abril, foi a "estrea mundial" con grande éxito.
O día 17 de abril de 2013 os alumnos e alumnas de 6º de E.P. do CEIP de VITE I participamos nun campionato nacional de supertics online (matemáticas), entre as 9 horas da mañá e as 9 horas da noite. O número de participantes foi de 1609 alumnos/as en toda España.
Na categoría individual dentro do top 60 clasificamos: Eduardo de 1º (campión nacional), Sergio de 10º, Marcos de 30º, Sara de 41º, Silvia de 54º e Hugo de 55º.
Na categoría de clases de sexto: 6º de E.P. do CEIP de VITE I clasificou no 2º posto a nivel nacional.
Na categoría de colexios non puidemos participar por non reunir os 50 alumnos, que era número mínimo esixido para participar.