28/2/18

PAPEL DE CORES

Hoxe fixemos a última tanda de papel reciclado. Parte do traballo veunos feito en forma de donativo: a nai de Manuel mandounos unha boa cantidade de papel triturado do instituto no que traballa.Como era moi branco, déuselles por experimentar botándolle témpera de  cores.
Dentro duns días xa estará seco e poderán darlle unha nova vida. Seguro que sairán uns traballos ben orixinais!

19/2/18

ENTROIDO 2018

Foron unhas datas moi bonitas deseñando e elaborando os nosos propios disfraces. Quedaron preciosos e, sobre todo, aprendemos a reducir consumos excesivos e valorar o que facemos coas nosas mans. O Planeta agradeceranos estes xestos.

Deixóvos as imaxes dun día moi divertido.

Grazas a todas as familias pola vosa participación e implicación nos días anteriores e na propia festa.




ACTIVIDADES VARIAS NO 2º TRIMESTRE

Por falta de tempo non publiquei no seu momento estas imaxes que deixan constancia dalgunhas actividades que imos facendo: plantación de pinos que deixou o Apalpador, preparación de disfraces para o Entroido, elaboración de papel reciclado, inicio dos traballos para os xardíns verticais cos palés, plantación de espinacas para transplantar posteriormente...

Xa vedes que aproveitamos moi ben o tempo!