26/3/18

PEQUENOS XORNALISTAS

No 2º trimestre, os alumnos/as de 6º elaboramos un xornal, dirixidos pola nosa profe de prácticas, Andrea. Dividímonos en equipos e en cada un había un redactor-xefe, un editor, un maquetador e un secretario. Tiñamos que escribir un artigo de opinión, algunha noticia, pasatempos e anuncios. O obxectivo deste traballo era aprender a redactar distintos tipos de textos e coñecer a estrutura dun xornal. Traballamos moi duro, pero pasámolo moi ben. Grazas, Andrea. Deixámosvos os enlaces para que poidades ver o resultado.



https://es.slideshare.net/secret/hwY9mdrL1kSv17
https://es.slideshare.net/secret/8iqXmBVY8hJQNY

17/3/18

DESPEDIDA DE ANDREA E NEREA

Remataron o período de prácticas e teñen que voltar á facultade de Ciencias da Educación para rematar os seus estudos. Nerea e Andrea involucráronse a fondo no traballo diario, levaron á práctica as súas propias unidades didácticas e din que aprenderon moito. Todas e todos nós estivemos encantados co seu esforzo e dedicación. Por iso a festa de despedida que prepararon foi moi emotiva. 
Desexámoslles moita sorte, merécena!

OBRADOIRO AUDIVISUAL

O venres tivemos unha actividade interesante de preparación para a actividade de exhibición audiovisual do vindeiro luns ao Auditorio de Galicia baixo o título "Elas bravas!", referente á participación feminina no cine (actrices, productoras, directoras, etc.).

O MACETEIRO DE MÓNICA

Mónica trouxo a botella para preparar a súa plantación no cole: Seguíu todos os pasos: abrir pola parte superior, buratos no fondo, pedriñas para drenaxe, terra e... a plantar. Dentro de pouco teremos unhas bonitas margaritas.


15/3/18

A IDADE CONTEMPORÁNEA - PARTE I

Rematamos o traballo da 1ª parte da Idade Contemporánea. Deixo dúas mostras dos contos elaborados polo alumnado. Todos fixeron un magnífico traballo que servíu para fixar mellor os coñecementos.


7/3/18

A COCIÑA - VÍDEOS

Estes vídeos, aínda que son poucos merecen a pena para ver como se desenvolve este persoal traballando en equipo e ben coordinados.
E, unha vez máis, contamos coa axuda de María Gigirey, sempre disposta a colaborar. Moitas grazas.
Un pracer, nenos e nenas, ver a evolución ao longo destes anos!

RETOS DE COCIÑA - 6ºA

Os de 6ºA tamén prepararon as súas receitas pero... no medio da sesión viñeron a arranxar a cociña nova e, mentres tanto non podíamos utilizar o forno, aínda que funcionaba moi ben.
Quedou o tempo xustiño pero poidemos degustar pizzas sen gluten, pasteliños de guayaba, milfollas de Nutella e "ramen", prato xaponés de fideos.
Todo estaba riquísimo!

RETOS DE COCIÑA - 6ºB

Cada equipo puido escoller entre varias opcións. Despois tuveron que buscar unha receita, conseguir os ingredientes e levala á práctica.
O xurado composto por Andrea e Nerea (alumnas de prácticas), Luisa, Carmela e todos os compañeiros/as de clase decidiu que a proba superouse con grande éxito.
Nesta clase os pratos elixidos foron: albóndigas, "churros" chinos e canelóns.
Como o reto forma parte da actividade de recunchos e había un equipo que non o elixira... Hoxe tiveron que cociñar por sorpresa, buscando ingredientes que había na cociña vella ou algo prestado. O  inicio foi duro pero Sara Míguez, Bruno e Brais Portos souberon buscarse a vida e fixeron unhas tortiñas ben ricas.
Parabéns para todo o alumnado de 6ºB por este gran traballo!

6/3/18

CLASE DE HISTORIA CON 3ºA

Hoxe tivemos una clase magnífica na que o alumnado de 6º explicou aos seus compañeiros e compañeiras de 3ºA a evolución da humanidade a través da liña do tempo traballada. Os profes de hoxe foron Iria, Yago, Diego e Chano. A súa intervención propiciou moito intercambio de coñecementos entre maiores e pequenos. Seguro que haberá máis oportunidades.

1/3/18

ACTIVIDADES DE AULA - FEBREIRO 18

A nosa aula ferve de actividade constantemente. Isto é unha mostra do que estamos a facer en Sociais para aprender un pouco máis de Historia e tamén das clases de Educación en Valores nas que estamos iniciando unha presentación dixital sobre Wangari Maathai.