25/4/18

OS XARDÍNS VERTICAIS XA ESTÁN EN MARCHA!

Estas son as imaxes da plantación que fixemos nos nosos palés! Hoxe non importaron as miñocas ni outros bichos, coas mans metidas na terra, preparando os ocos para as nosas plantas, coordinándonos para facer unha distribución esteticamente bonita...
Pero agota teñen pena porque non van poder coidalas para o ano vindeiro!
Aproveitamos para os agradecementos:
- Á empresa DIYESCA pola donación dos palés.
- Ao concello de Santiago (concellaría de Medioambiente e de Educación) polo asesoramento e colaboración co compós, as plantas, rego, etc.

24/4/18

PARQUE DE BELVÍS


Os de 6º A non tivemos tanta sorte cando fomos a Belvís xa que as condicións metereolóxicas non foron as adecuadas para poder realizar actividades fóra, pero aínda así aprendemos un montón de cousas sobre os espazos verdes da nosa cidade, elaboramos o nosos propio caderno de campo e perdémonos no labirinto. Ao final, regaláronnos un piñeiro para plantalo cando sexa un pouco máis grande. Pasámolo xenial, a pesar das inconveniencias do tempo.

23/4/18

CONTOS Á SOMBRA - DÍA DO LIBRO 2018

Hoxe celebramos o Día do Libro cunha actividade de centro cuxo nome fala por sí mesmo: CONTOS Á SOMBRA.
Nós estivemos debaixo das árbores do parque do Auditorio, un lugar marabilloso para gozar da lectura.
Na próxima ocasión haberá que avisar a todas as criaturas animais do entorno para que marchen cando vaiamos nós!

10/4/18

EDUCACIÓN VIAL NO PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO

Esta actividade na que participamos onte no recinto feiral de Amio resultou moi interesante e o alumnado puido comprobar a importancia do respeto polas normas de circulación establecidas para evitar accidentes: pasós de peóns, semáforos, ceda o paso, stop, dirección obrigatoria, rotondas...  Todo isto non resulta nada doado e por iso houbo bastantes "infraccións" anotadas polo alumnado que facía ese labor.

A ÁRBORE URBANA

No parque de Belvís pasamos unha mañá realizando actividades de sensibilización ambiental, neste caso en relación coas árbores que temos na cidade, os distintos tipos de zona veredes e o papel que teñen na nosa vida.