AUDICIÓN E LINGUAXE

ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL).
DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL.

Ola a todos e todas! Agardo que estes días estedes todos ben e
a salvo na casiña! A continuación propoño unhas actividades para
non esquecernos de ler e escribir! :) 
  • Seguides facendo o diario? Eu tamén estou facendo un coas emocións de cada día! Á volta poderémolo compartir.

  • Estes días que chegou a primavera, tamén chegou a miña alerxia ao polen e tamén á letra “R”. Que libro me recomendaríades para pasar estes días? Lembrade explicarme: como se chama, quen o escribiu, de que trata, por que vos gusta e onde podo conseguilo, pero sen usar ningunha R ou comezarei a esbirrar sen parar!



Nota para as familias: Están programadas para esta semana pero se alguén quere algo máis específico para traballar, algo para ampliar en semana santa, outro tipo de ideas ou actividades… avisádeme sen problema no meu correo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal.

ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 16 AO 29 DE MARZO.

-       COMPRENSIÓN LECTORA:
Colle  o libro que esteas lendo e escolle dous capítulos (pode ser un cómic, neste caso escolle dous bloques de 5 páxinas). Agora vas ser ti a profe: tes que inventar 5 preguntas que farías ao teu alumnado sobre ese capítulo (10 en total). 

-       EXPRESIÓN ESCRITA:
Seguro que para a volta ao cole non te vas lembrar de tantas cousas que fixeches! Escríbemo nun diario para poder contarmo. Só precisas nunha libretiña que xa teñas ir poñendo a data e contarme algo guai que fixeras ese día e así compartilo á volta. 

-       EXPRESIÓN ORAL: 
Inventa uns diálogos para a seguinte curta de animación. Se os escribes, mellor! Así poderemos practicalos logo na clase. Pon en youtube: monsterbox, aquí tes a ligazón:  https://www.youtube.com/watch?v=bxPRvKt203U

-       XOGOS COAS LETRAS:
Lembra os xogos que facemos na clase: xogar ao aforcado, palabras encadeadas (por letra ou por sílaba), coller 7 letras e intentar formar todas as palabras posibles,…

-       REPASIÑO:
Se queres facer un repasiño online podes entrar nesta páxina http://www.infantil.librosvivos.net/  e meter o código do teu curso:
2º EP: 132889
3º EP: 113490 ó 116613
4º EP: 113492 ó 116625
5º EP: 120448

·      NOTA PARA AS FAMILIAS: Se precisades máis materiais específicos, queredes máis actividades, recursos TICs ou tendes calquera dúbida, contactade comigo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal

Agardo que estedes ben e que nos vexamos moi prontiño! Apertas virtuais!

No hay comentarios: