19/6/20

MONICREQUE SEIL

Seil tomouno con calma porque decidiu planificar a tarefa dun xeito máis complexo: fixo o monicreque e tamén o deseño e confección do traxe, elaborou o guión e finalmente, coa axuda familiar, fixeron a gravación. Un magnífico traballo!


IDENTIFICAMOS PAÍSES DO MUNDO

Para poñer en práctica algo do que aprendemos.


SOPA DE LETRAS FIN DE CURSO

Este xogo para os entusiastas desta actividade, dedicado especialmente a Joel.

15/6/20

PASAPALABRA EN EQUIPO

Para rematar o curso propuxemos elaborar as preguntas entre todos/as para poder xogar e rapsar contidos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. 
Non todas son fáciles de recordar pero seguro que conseguiremos completar o rosco. Xogamos?

8/6/20

MONICREQUE DE CLAUDIA: JIBANYANG

Claudia estaba lendo un manga no seu cuarto cando escoitou que petaban na ventá; entón apareceu un boneco chamado Jibanyang. É un gato vestido de cor vermella que...
Cando vexades o vídeo xa vos enterades do resto da historia.
Seguro que estaredes de acordo en que Claudia fixo un boneco precioso e tamén unha magnífica representación. Parabéns por tantísimo traballo Claudia; é un pracer verte disfrutar tanto con estas actividades ( e a teus pais tamén).

MONICREQUES DE ÁLEX E MARTINA: PEPE E MARUXA

Pepe e Maruxa son os bonecos que fixeron Álex e Martina. Trátase dunha parella que decide ir á praia. Pero cando chegaron alí non estaba moi bo día... Se queredes saber máis só tedes que ver esta representación de monicreques.
Unha vez máis un traballo en equipo moi ben feito. Parabéns para os dous e todo o equipo de produción!

MONICREQUES DE NOELIA E CRISTINA: MAX E VALENTINA

Noelia e Cristina fixeron os seus monicreques e xa os sacaron a pasear. Max e Valentina teñen uns poderes un pouco especiais. Vós escoitastes falar da telequinesia algunha vez? Pois prestade atención ao vídeo. Bo traballo, chicas!


7/6/20

MONICREQUE DE SANTIAGO: DOKI

Santiago ten un novo amigo, chamado Doki. Parece que, a pesar de ser un boneco, axúdalle a facer as tarefas escolares. Moi bonita tamén esta historia.  Doki fala moi ben o galego así que Santiago tamén vai mellorando. Parabéns polo esforzo!


5/6/20

MONICREQUE ANDREA: JORGE

Isto xa me deixa atónita: Andrea está convertíndose nunha profesional nas tarefas audiovisuais. Nesta ocasión practica casi a ventriloquía para facerlle falar ao seu boneco Jorge. Fantástico Andrea, moitos parabéns!

MONICREQUES AILÉN E IAGO: LOS JUGUETES DEL BAÚL

Neste traballo Ailén e Iago representan a un neno e unha nena que teñen algunha experiencia cuns bonecos que estaban no baúl dos xoguetes. Quedoulles moi bonito o traballo!

4/6/20

MONICREQUE OTI: PLANT

Plant é unha boneca que estaba perdida na rúa. Se queres saber máis mira este vídeo que elaborou Alejandro Oti, é unha bonita historia. Bo traballo!

3/6/20

MONICREQUE LARA: ABRACITOS

Que historia máis linda sobre o poder magnífico das apertas (algo tan desexado nos tempos actuais). A boneca preciosa e a representación moito máis. Parabéns para Lara e súa nai!

MONICREQUE SARA: PAXARIÑA ROSA

Paxariña Rosa é o nome do monicreque que fixo Sara e aquí representan un diálogo no que descubrimos de onde saíu este personaxe. Fantástico traballo Sara!

2/6/20

STOPMOTION ÁLEX VARELA

Investigar, pensar, probar e corrixir. Con moitas esforzo e entusiasmo van facéndose novas aprendizaxes. Esta actividade non é nada fácil e por iso non tivo tanta aceptación entre o alumnado desde a casa aínda que no cole tiña moito éxito, seguramente porque non dependía ao 100% deles mesmos/as. Moitas grazas Álex por presentar este traballo!

15/5/20

LAIA, A NENA DA ILLA

Alejandro Oti é un gran aficionado á lectura e gústalle compartir un pouquiño dos libros que le para animar aos demais a que  tamén o fagan. Esta semana o título escollido é "Laia, a nena da illa" e ten un axudante moi especial.

12/5/20

ENIA E CLOE - FINAL

E por fin Enia e Cloe participaron no torneo de xadrez.
Parabéns para todos vós que, aínda estando na casa, conseguistes/ conseguimos alimentar e facer medrar a potencialidade do noso gran equipo!



4/5/20

RELATO - PORTADAS SANTIAGO

A aportación de Santiago que, a pesar de ser venezolano, ten libros en galego e vai progresando moito na expresión oral na nosa lingua. Grazas polo esforzo!

NOELIA E CRISTINA - RELATOS COAS PORTADAS

Noelia e Cristina enviaron tamén os seus relatos feitos coas portadas de libros. Moi bonitos e sen esquecer a expresión oral en galego, diso se trataba!


CLAUDIA - RELATO PORTADAS

Claudia tiña un problema: como ten tantos libros, costáballe un pouco decidir cales usar. Pero conseguiuno e aquí está o magnífico resultado.

SEIL - RELATO PORTADAS

Outro relato máis, feito coas portadas dos libros. Moi bonito e ben contado.

CRISTINA E NOELIA - CONTOS DESPREGABLES

E siguen chegando traballos. Nesta ocasión Noelia e Cristina fixeron os seus contos despregables e aproveitan para contalos. Moi ben, chicas!



1/5/20

RELATOS SARA MALLO

Sara fixo dous relatos con algúns dos seus libros. Imos vendo que esta sinxela actividade resultou motivadora e facilita a creatividade.

RELATO DE ALEJANDRO OTI

Esta é a historia que creou A. Oti con algúns dos libros que, como gran lector que é, ten na súa casa.

30/4/20

A LENDA DE DAFNE E APOLO - ANDREA

O confinamento está facendo que desenvolvamos algunhas capacidades que habitualmente nos costa máis demostar.
É o caso de Andrea, que vai perdendo a timidez diante da cámara ao mesmo tempo que gaña en autoestima e capacidade de expresión e comunicación.
Nesta ocasión preséntanos unha bonita lenda: a de Dafne e Apolo.
Apolo estaba enamorado de Dafne e, cando esta se convertiu nunha árbore (un loureiro), decidiu facer unha corona coas súas follas para que sempre estivera con el.
Bonita historia, non?

29/4/20

RELATO DA PROFE CARMELA

Como en case todo o que vos propoño, eu tamén intento facer a miña aportación. Esperando que cheguen moitos outros, porque vós sodes moi artistas.