MÚSICA



Semana do 15 de xuño.

Última semana de clases!! Xa ule a verán, a praia e a xeados. Imos pola 

última clase de Música!!

1.- Comezamos cantando “Negra sombra”:



2.- Resolve o encrucillado.


3.- E rematamos bailando “Le coach”:





Desfrutade do verán, felices vacacións!!



Semana do 8 de xuño

Ola a tod@s, comezamos con moitas gañas que xa queda menos!!

1.- Cantaremos a versión do grupo Astarot de “Adios ríos, adios fontes”:



2.- Imos ver un vídeo para explicar os membranófonos:



O instrumento que no vídeo chaman redoblante, nós chamámolo caixa; e o 

que eles chaman pandeiro, nós chamámolo pandeireta.

3.- Poderías dicir os menbranófonos que aparecen nas seguintes audicións?:


A



B



4.- E rematamos o día tocando “Ballet dos pitiños”: 



Para tocar esta peza necesitamos unha libreta de espiral e un lapis ou boli.


Un último esforzo que só queda dúas semanas!!


Semana do 1 de xuño

Entramos no mes de xuño!! Sabedes o que quere dicir? Que só quedan 3 

semanas de curso!! Empeza a conta atrás!!

1.- Hoxe comezamos cantando “Sementarei”: 


2.- A continuación veremos un vídeo para coñecer os idiófonos:




3.- Agora toca recoñecer os idiófonos nas seguintes audicións:


A

B



Para que corrixa a actividade mandádea a beatrizveneranda@edu.xunta.es

4.-E rematamos o día tocando a batería coa canción “Tarzán”:



Só necesitamos un cubo e dúas colleres de madeira ou dous lapis.



Xa queda menos!! Abur



Semana do 25 de maio

Ola nenos e nenas. Rematamos o mes de maio e o curso vai quedando atrás. 

Un pouco máis de paciencia que queda pouco!!

1.- Comezamos coa canción “A Carolina”:



2.- Hoxe veremos un vídeo para saber que son os aerófonos:



3.- Nestes vídeos teremos que descubrir os aerófonos que soan:

A.



B.



Para correxir a actividade, mandádea a beatrizveneranda@edu.xunta.es

4.- E rematamos tocando a canción “Umbae”:



Só necesitamos un vaso de plástico para tocar.



Desfrutade destes días de sol!!



Semana do 18 de maio


Ola de novo, como van as cousas? Unha semana máis de traballo, pero xa

queda menos. Ánimo!!

1.- A canción tradicional que propoñe esta semana tanto podedes cantala 

como só escoitala. É  unha colaboración de Luz Casal con Luar na Lubre. O

resultado é abraiante:




2.- Acompañaremos a canción de Queen “We will rock you”:



Ven cunha ficha a maiores para facer. Non necesitades imprimir a ficha, con 

escribila nun papel chega. Recordade que para que a corrixa, tedes que 



3.- Acompañaremos con palillos “Muiñeira de Pontesampaio”:





Se non tedes palillos chinos, valen dous lapis.




Rematamos por esta semana, ata a seguinte!!



Semana do 11 de maio


Ola nenos e nenas, empeza unha nova semana chea de enerxía. 

Comezamos!!

1.- Comezaremos cantando a canción “Eu chorar chorei”:




2.- Hoxe traballaremos as calidades do son co seguinte vídeo: 




Ao final do vídeo falan dun módulo de práctica, pero nós non podemos 

acceder a el, así que non fagades caso.


No video fan unha ficha da trompeta no que se trata a altura, timbre, duración 

e intensidade. Vós ides facer unha ficha dos seguintes sons:

A

B


C




D




Podedes mandar a actividade ao correo beatrizveneranda@edu.xunta.es


3.- Para rematar imos ver o grupo Stay Homes. Este grupo de amigos músicos

empezou a tocar un tema cada día da corentena e empezaron a facerse

coñecidos. Imos escoitar o tema “Doin´the Peach”:




Viches os instrumentos de percusión que utilizan? Pois imos acompañalos 

nós tamén. Seguro que todos tedes un caldeiro ou a tapa dunha pota vella e 

unha culler de madeira para facer o acompañamento. A tocar!!



Que teñades unha boa semana, aburiño!!




Semana do 4 de maio


Que tal a vosa semana? Xogades moito na rúa? Imos ver se o pasamos case

tan ben traballando Música.


1.- Esta semana recordaremos a canción “Ven comigo”:


Recordade que a cantábamos con lingua de signos.


2.- Traballaremos os instrumentos de vento madeira e de vento metal:




E agora tedes que buscar os instrumentos de vento madeira e os de vento 

metal da banda de Catoira:



Podedes mandar a actividade a beatrizveneranda@edu.xunta.es


3.- E por último interpretaremos con percusión corporal “A familia Addams”:




Necesitades parella, pero si non conseguides que alguén da casa toque con 

vos, podedes facelo contra unha parede ou ao aire.



Desfrutade moito nas vosas saídas. Aburiño.



Semana do 27 de abril

Ola chicos e chicas. Xa queda menos para que todo isto acabe!! E nós 

seguimos unha semana máis traballando dende a casa. Comezamos!!


1.- Como hai tempo que non cantamos, empezaremos coa canción 

“Pirimpimpim”:



2.- imos ver un vídeo sobre a construción dunha frauta:


Para construíla necesitamos unha palliña. Se non a temos, non pasa nada. Se

a temos intentade construír a frauta e mandar un vídeo de como soa. Cantos 

se animan? Os vídeos que mandedes podemos subilos ao apartado de

música e o que non queira que o suba, que mo comente que non pasa nada.


3.- E para rematar bailaremos un pouco, que hai tempo que non o facemos.

 “Dance Monkey”:



Ánimo que xa queda menos!!



Semana do 20 de abril

Ola a tod@s. Empezamos outra semana cargad@s de enerxía. Comezamos:

1.- Empezaremos vendo un video sobre os cordófonos ou instrumentos de 

corda:




2.- Agora poñemos en práctica o que acabamos de escoitar. Que instrumentos

de corda hai nas seguintes composicións musicais?:

- Versión David Garret de “November rain” de Guns n´roses”:




- Xota de Cortellas:


Podedes mandar a actividade a beatrizveneranda@edu.xunta.es para que a 

mire.

3.- A continuación tocaremos coas mans “Ritmo cubano”:



Fixádevos ben: coa man dereita facemos o ritmo da liña de arriba e coa 

esquerda o ritmo da liña de abaixo. Ao principio é un pouco lioso, pero cando 

collades o tranquillo, xa veredes como é moi divertido.


Ata a semana que ven.

Semana do 14 ao 17 de abril

Ola a todas e todos. Volvemos traballar despois destas curiosas vacacións. 

Espero que todos teñades ganas de cantar e bailar.

Antes de empezar coas actividades, invítovos a entrar en 


Aquí podedes facer composicións musicais de maneira moi sinxela. Seguro 

que pasaredes un rato entretido.

1.- Imos ver un vídeo sobre a contaminación acústica:




Xa falamos deste tema. Esta semana ides observar que diferencias de son 

que hai na vosa casa antes e durante a corentena (se escoitamos máis aos 

veciños, os ruídos da rúa, a que horas notades máis ruído que antes ou 

menos son que antes...) O que se vos pase pola cabeza. Facedes unha

redación sobre o tema e o mandades a beatrizveneranda@edu.xunta.es

2.- Remataremos traballando o ritmo. Temos que intentar facer sen 

equivocarnos o ritmo que nos mostran no vídeo:




Biquiños e ata a semana que ven.

ACTIVIDADES MÚSICA 5º. SEMANA DO 30 MARZO AO 3 DE ABRIL


Xa imos pola terceira semana e seguro que o imos pasar xenial traballando un

pouco coas actividades que propoño:


1.- Empezamos as nosas clases cantando “A Santiago vou”. E dádelle con
ánimo!!:




2.- Recordaremos os instrumentos de vento no seguinte video:



E agora realizaremos un pequeno xogo para comprobar o que sabemos:


3.- Tocaremos a canción “Moita festa” de Carlos Núñez:



Como na casa non temos os instrumentos do colexio, podemos improvisar co

que teñamos por casa (por exemplo a pandeireta cambiámola por unhas

chaves, os crótalos por dúas culleres, a caixa chinesa por un morteiro, o 

pandeiro por unha caixa e unha culler, as claves por dous lápices, os 

cascabeis por algún cascabel ou axouxere e o triángulo por un vaso e unha 

culler)


4.- E por último pracicaremos o ritmo con vaso “cups”:




Só necesitamos un vaso de plástico que seguro que todos e todas tedes por 

casa.

Espero que pasarades un bo rato mentres traballamos música.

 Ánimo que xa queda menos!!!

ACTIVIDADES MÚSICA 5º. SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

Segunda semana, e seguimos traballando dende a casa. Espero que 

teñades ganas de cantar e bailar un pouco. Hoxe propoñemos traballar en 

Música: 

1.- Repasaremos a canción “Lela” na versión do grupo 

Astarot:



A letra desta canción aparece no libro de Castelao “Os vellos non deben 

namorarse”. Podedes escoitar unha versión máis parecida á orixinal da 

cantante Dulce Pontes: 



Cal vos gusta máis?

2.- Recordaremos as notas da 

escala: 

https://aprendomusica.com/const2/27aprendonotas8/aprendonotas8.html


3.- Acompañaremos a canción "Jazz Pizzicato" cun vaso de plástico. Seguro 

que todos e todas tedes algún pola casa: 



4.- Por último traballaremos o ritmo. Recordades cando o fixemos con palillos

chinos? Imos aló!!:



A nosa idea con estas actividades é que intentedes seguir as rutinas de aula 

para que se vos pase o tempo un pouco mellor dentro da situación que nos 

tocou vivir. 

Ánimo que nunca choveu que non escampara!!


ACTIVIDADES MÚSICA 5º. SEMANA DO 16 AO 20 DE MARZO


1.- Repasaremos a canción de Treixadura “Se chove”: 





Intentade que na casa a escoiten e que aprendan a facer as palmas 

onde corresponda. Non vos olvidedes de bailar nos fragmentos 

instrumentais.


2.- Imos ambientar a seguinte paisaxe:




Podemos participar toda a familia. Temos que buscar pola casa 

obxectos cos que se poidan facer sons para crear efectos sonoros  

e así dar a sensación de que estamos vendo e escoitando a imaxe. 

Tamén podemos facer sons coa boca, co corpo,…


4.- Agora traballaremos o ritmo. Temos que facelo sen 

equivocarnos: 





5.- Por último, acordadesvos do ritmo que vimos facer a unha

profesora co seu alumno para a marcha Radetzky? Pois agora 

temos moooito tempo para practicala:




Espero que as actividades vos gustaran. A semana que ven máis!!!

No hay comentarios: