31/5/18

ELABORACIÓN DE XABRÓN CON ACEITE USADO

Mª José Carbonell, a nai de Rodrigo, estivo onte no cole para a elaboración do xabrón cos aceites que fomos recollendo. Os resultados son óptimos e dentro duns días xa poderán levar unha mostra para a casa; agora mesmo temos os recipientes ben arroupados para que remate o proceso.
E os sobrantes de aceite... ya sabedes que os hai que tirar ao contador axeitado nunca botella de plástico.

Moitas grazas a Mª José pola sua total predisposición a colaborar con nós. E xa van moitas veces!

4/5/18

HORTIÑOS ECOLÓXICOS

Xa sabemos que non poderemos cultivar moita cousa nun anaco de terra tan pequeno pero o traballo que fixemos vai encamiñado a concienciar das posibilidades que todos/as temos para cultivar algo por nós mesmos e sen utilizar produtos químicos. Un xeito de revalorizar a necesidade de coidar o noso entorno, que é o que nos da de comer.

E ademais de facelo con "arte". Puxemos variedade de herbas aromáticas, verduras e hortalizas que teremos que observar, estudar e coidar: espinacas, leitugas, millo doce, apio, estevia, perexil,  xudías, pementos, tomates, ourego, albahaca, menta...

5º de Primaria en Kalandraka

Traballos elaborados polos alumnos de 5º de EP, como resultado dunha xornada de escrita creativa ofertada por Kalandraka Editora.
O noso especial agradecemento a Xosé A. Pérez pola súa inestimable implicación e colaboración.