30/4/20

A LENDA DE DAFNE E APOLO - ANDREA

O confinamento está facendo que desenvolvamos algunhas capacidades que habitualmente nos costa máis demostar.
É o caso de Andrea, que vai perdendo a timidez diante da cámara ao mesmo tempo que gaña en autoestima e capacidade de expresión e comunicación.
Nesta ocasión preséntanos unha bonita lenda: a de Dafne e Apolo.
Apolo estaba enamorado de Dafne e, cando esta se convertiu nunha árbore (un loureiro), decidiu facer unha corona coas súas follas para que sempre estivera con el.
Bonita historia, non?

29/4/20

RELATO DA PROFE CARMELA

Como en case todo o que vos propoño, eu tamén intento facer a miña aportación. Esperando que cheguen moitos outros, porque vós sodes moi artistas.


28/4/20

ALEJANDRO OTI - EXPERIMENTO CASEIRO

Alejandro Oti fixo esta experiencia caseira na que comprobamos que non sempre se poden mesturar diferentes tipos de materia: o aceite é menos denso e queda na superficie da auga; sin embargo a area é moito máis densa e vai para o fondo.

ÁLEX SEOANE - UNHA HISTORIA COS TÍTULOS DE MOITOS LIBROS

Un dos retos desta semana é crear un relato usando os títulos dos libros que temos pola casa. Aquí temos unha magnífica mostra do que se pode facer. Preciosa historia, Álex!

27/4/20

EMPEZAMOS CO STOPMOTION: CORONAVIRUS

Crear sensación de movemento a partir de fotografías: iso é basicamente a técnica do stopmotion.

Lara elaborou, en familia, unha historia moi bonita que fala da pandemia provocada por esete virus. Magnífico!

26/4/20

RESISTIREMOOOS: AGASALLO PARA OS NOSOS PEQUES

Hoxe ides poder saír por primeira vez despois de estar seis semanas na casa; seguro que será un día moi especial.
E, para completar a ledicia, deixámosvos este vídeo que fixemos especialmente para vós.

23/4/20

ANDREA FIXO PLASTILINA CASEIRA

Esta semana andamos argallando na vida e obra de Maruja Mallo (actividade proposta pola profe Luz).
Unha das propostas artísticas era traballar a "escultura" utilizando plastilina e facéndoa na casa (actividade que collemos prestada do blog de Ed. Infantil).

RESISTIRÉ - ÁLEX VARELA

Cantar e bailar non é nada, nada fácil. Moitas veces vemos aos artistas facendo coreografías imposibles e a voz sigue perfecta... Iso é porque fan playback.
Pois aquí o noso compañeiro que preparou esta coreografía con voz en directo. Moi ben Álex!

OS DRAGÓNS DE ÁLEX VARELA

Está claro que a Álex deulle por facer dragóns durante o confinamento e, como dure isto moito tempo, non lle van caber na casa. Mirade que chulos!

CONTACONTOS ALEJANDRO OTI - UNHA AVENTURA NA ESCOLA

Seguimos dinamizando a lingua. Alejandro Oti cóntanos "Unha aventura na escola", de Isabel Magalhaes.
Como bo lector que é sabe facer un resumo moi claro do libro por se a algún/ algunha de vós vos apetece lelo noutro momento.
Grazas por compartilo!

CIENCIA NA CASA: A DENSIDADE DA MATERIA

Álex Seoane está intentando aprender un pouco máis sobre a materiae facéndoo coa práctica. Neste vídeo explícanos moi ben o concepto de densidade.
Cando temos dous obxectos do mesmo tamaño (ocupan o mesmo volume) terá maior densidade o que pesa máis (ten máis masa).
Que vos parece:
Ten máis densidade o papel ou o ferro?
Ten máis densidade a area ou a auga?
Déixovos unha ligazón na que tedes actividades para aprender e experimentar un pouco  máis:
Actividades ciencia para nenos e nenas

DÍA DO LIBRO - ENIA E CLOE BUSCAN A SEU CURMÁN

Hoxe celebramos o Día do Libro con moooita lectura. No blog de orientación podedes atopar contos contados por diferentes profes do cole; gustaránvos moito.

Pero nós tamén contamos e hoxe publicamos a 2ª parte do Conto de Cloe e Enia escrito e ilustrado por Álex Varela, Andrea, Ailén, Iago e Claudia.

21/4/20

PIZZA CASEIRA - ÁLEX VARELA

Agora xa sabemos o motivo de que a fariña e o lévedo se agote nas tendas: todo mundo amasando na casa!
Aquí temos outra receita máis de pizza; diferente ás outras e con ingredientes para non quedar con fame!

AS TAREFAS DA CASA - ÁLEX VARELA

Tan importante coma facer tarefas escolares. É un bo momento para adxudicar resposabilidades e Álex Varela ten que ter o seu cuarto ordenado e limpo. Neste vídeo queda demostrado que está perfecto. A seguir así!

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO - 23 DE ABRIL

O día 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro para fomentar a lectura. E, xa que nestes días tempo hai para gozar da compañía dos libros, animávosvos a que compartades as vosas lecturas con nós (podedes enviar fotos no voso rincón de lectura preferido, comentarios aquí mesmo recomendando algún libro...)

Déixovos a ligazón ao blog de Orientación do noso cole no que poderedes ver as sesións diarias de contacontos que se van publicando. Tamén tendes un acceso directo desde a parte dereita do noso propio blog.

Este é o libro que acabo de rematar eu; gocei moito da súa lectura que me trasladou a aun tranquilo pobo británico a principios do século pasado. Sen dúbida unha evasión no tempo de confinamento.

20/4/20

PIZZA CASEIRA 100%: MARTINA E ÁLEX

O proceso de elaboración da masa resulta moi interesante para estudar a transformación da materia; ese era o obxectivo desta tarefa.
E ademais o cheiro que vai soltando a masa cando fermenta...
E xa non digamos o final... Vaia banquete houbo.
Fixéstelo xenial!

ÁLEX E MARTINA: TARTA DA AVOA

Aquí traballan en parella e así acaban máis rápido e poden axudarse. A tarta da avoa seguro que todos a coñecedes pero... Cadaquén faina ao seu xeito: con crema, con chocolate polo medio, con chocolate por riba, con nata.
Seguro que rica, rica.

RESISTIRÉ: SANTIAGO AND FAMILY

Vemos que resistimos mellor facendo todas as tarefas, da casa e do cole, e ademais con alegría porque... Nunca choveu que non escampara!
Moitas grazas familia pola vosa colaboración.

CLAUDIA - MINIPIZZAS CON PAN DE MOLDE

Esta receita e moi doada de facer e podes elixir moitos ingredientes diferentes. A pinta é boísima Claudia; cociñaches moooi ben!

XEADO DE AMORODOS - ANDREA

Este xeado que fixo Andrea co seu robot de cociña parece moi saudable porque leva moita froita, nada de graxas e pouco azucre. A pinta é boísima. Ademais está moi ben explicado e esforzándose coa lingua galega. Parabéns!

19/4/20

ARROZ CON VERDURAS - ANDREA

Andrea preparou unha comida moi saudable usando un robot de cociña, chamado Thermomix, que parece facilitar moito o proceso de cociñar.
Pero tamén explica todo o proceso como unha auténtica profesional. Parabéns por este fantástico traballo!


NOELIA E CRISTINA NA COCIÑA

Cristina e Noelia preséntannos 3 receitas: Mona de Pascua, pedras de Santiago e galletas de avea con plátano e chocolate. Non vos perdades nada pero, sobre todo, a espectacularidade da mona de Pascua con forma de tren!
Moitas grazas familia!


17/4/20

TARTA DE MAZÁ - LARA

Quen se apunta a facela? Parece bastante doado e ademais aquí queda a receita e as imaxes do proceso; quen teña dúbidas que lle pregunte á chef Lara.



RESISTIRÉ - CRISTINA E NOELIA

A pesar do confinamento, non lles falta enerxía a estas dúas; con cambios de vestiario e todo. A topeeee!

16/4/20

ENIA E CLOE - 1ª PARTE

Traballar en equipo na distancia é posible; aquí tedes a primeira entrega do conto en cadea que fixemos coas aportacións de todo o alumnado de 5º A.
Como é un pouco longo e ademais para crear un pouco de expectación vai a primeira parte, feita por Joel, Lara, Cristina, Noelia, Álex Seoane e Seil.
  


COCIÑA NA CASA - Nº1 - MARQUESA DE AMÉNDOA

Empezamos coas achegas desta semana: santiago foi o primeiro en poñerse a cociñar e a elaborar esta tarta: "Marquesa de améndoa".
Coa axuda de súa irmá e súa nai fixeron este vídeo para compartir con todos nós. Ten unha pinta boísima e non parece difícil. Iso sí, coidado co azucre que despois non van servirnos os pantalóns!


14/4/20

CARMELA TAMÉN RESISTIRÁ

Sempre me encantou comprobar por min mesma o que pido para a rapazada. E esta é unha desas ocasións en que te das conta de que non era tan doado facelo; aínda así mereceu a pena.

Anímovos, valentes, a que o fagades tamén. E, en familia, moito mellor!

CONTO DESPREGABLE ÁLEX SEOANE

E seguimos publicando as aportacións do alumnado de 5ºA. Un novo conto despregable, feito con moitísimo mimo e presentado así de ben. Fermosísimo.

OH NA NA NA - A FAMILIA PORTOS NA CORENTENA

Estas familias están que non paran e van contaxiando o seu entusiasmo aos demais; iso é unha boa terapia para manternos unidos como grupo aínda que sexa a distancia.

O reto para esta semana e ver quenes son capaces de facer un pouquiño deste baile que precisa dunha enorme coordinación de movementos.

Parabéns por facelo tan ben e por compartilo con nós!

10/4/20

BOTÁMOSVOS DE MENOS

Esta presentación está feita por persoas que traballamos no cole e adicada a todo o resto da comunidade educativa: a vós, peques, porque estades a facelo moooooi ben e a vós, familias porque estades contribuindo a que todo vai o mellor dentro do difícil.
Ánimo, xa queda menos!

5/4/20

CONTO DESPREGABLE - PARTE 1

Outra actividade interesante para tempos de confinamento e que, unha vez máis, o alumnado de 5ºA desenvolve a súa creatividade e o gusto polo artístico.
Estes son os traballos de Claudia, Andrea, Lara e Álex Varela.




4/4/20

RESISTIRÉ - CLAUDIA, MÓNICA E RAMÓN

A familia ao completo quixo participar na iniciativa. Entenderon moi ben que a cousa non vai de artistas senón de manter o ánimo. Fixérono así de ben!

RESISTIREMOS - LARA E SEU PAI, RAMÓN

Empezamos a publicar as versións de "RESISTIRÉ". Esta familia colleu o reto con alegría e fixérono fantástico. Este Ramón non é o do Dúo Dinámico pero dinamismo non lle falta. E Lara unha artistaza!
Irán chegando máis, estade atentos.
E compartimos a idea para que familias doutros cursos se apunten! A que esperades?