3/5/17

ÁFRICA

Fabien, o pai de Samuel de 4º, e o seu amigo Lalo organizaron unha xornada marabillosa para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP.
Fixeron unha presentación de imaxes para ver os contrastes existentes en África e que nos fixeron ampliar a visión que temos dese gran continente: zonas áridas e sabanas, cidades e aldeas, pobreza e luxo....
Cantamos e bailamos e finalmente saboreamos plátano frito e buñuelos de plátano que Fabien cociñou para nós. Estaba todo boísimo.
Despois do recreo, e xa só para o alumnado de 5º, sesión de capoeira no pavillón con Fabien e os profesores e alumnado avanzado da escola de capoeira IANDÊ. Explicáronnos que inicialmente a capoeira era unha defensa dos escravos pero agora xa é un deporte. Trouxeron un birimbao (instrumento artesanal feito con madeira e unha cabaza) e un pandeiro. Cantamos e practicamos algúns exercicios básicos e moi divertidos.

Gracias Fabien, Lalo e escola Iandê Capoeira!

2 comentarios:

María Cernadas dijo...

Que sorte tiveches tod@s! Moitas grazas a Fabien e aos seus amigos por compartir cos nos@s nen@s a súa cultura.

María dijo...

Que ben lles ven animar con eses ritmos unha mañá de cole, e coñecer Africa de primeira man, afortunad@s. Gracias Fabién e compañía.