17/3/18

DESPEDIDA DE ANDREA E NEREA

Remataron o período de prácticas e teñen que voltar á facultade de Ciencias da Educación para rematar os seus estudos. Nerea e Andrea involucráronse a fondo no traballo diario, levaron á práctica as súas propias unidades didácticas e din que aprenderon moito. Todas e todos nós estivemos encantados co seu esforzo e dedicación. Por iso a festa de despedida que prepararon foi moi emotiva. 
Desexámoslles moita sorte, merécena!

2 comentarios:

  1. Moitas grazas a vós! Sodes todas e todos magníficos, espero que non pase moito tempo en volver a vernos.
    Un abrazo enorme.

    ResponderEliminar
  2. Meus pequenos e miñas pequenas, cada día teño máis ganas de volver ás aulas con vós!
    Moito ánimo nesta última semaniña antes das vacacións!
    Biquiños e apertas!

    ResponderEliminar