18/4/13

CAMPIONATO NACIONAL DE SUPERTICS ONLINE - MATEMÁTICAS


O día 17 de abril de 2013 os alumnos e alumnas de 6º de E.P. do CEIP de VITE I participamos nun campionato nacional de supertics online (matemáticas), entre  as 9 horas da mañá e as 9 horas da noite. O número de participantes foi de 1609 alumnos/as en toda España.
Na categoría individual dentro do top 60 clasificamos: Eduardo de 1º (campión nacional), Sergio de 10º, Marcos de 30º, Sara de 41º, Silvia de 54º e Hugo de 55º.
Na categoría de clases de sexto: 6º de E.P. do CEIP de VITE I clasificou no 2º posto a nivel nacional.
Na categoría de colexios non puidemos participar por non reunir os 50 alumnos, que era número mínimo esixido para participar.


1 comentario:

Ceip de Vite dijo...

Paréceme ridículo que non poidan participar colexios con menos de 50 alumnos... Só hai escolas nas cidades grandes? Todo o rural galego (e mesmo o periurbano) carece de posibilidades de admisión, polo que vexo... Unha mágoa.