PUBLICADO POR BRAIS PORTOS
Cóntanse moitas historias sobre o xadrez. Dise que o inventou un sabio indio para divertir ao seu rei, tamén que o creou o xeneral grego Palamedes no ano 1240 a.c. para animar aos soldados.
O antepasado do xadrez chámase chaturanga. É un xogo
indio de loita que apareceu no século VI d.C . Xogábase nun taboleiro de 64
casiñas, pero con dados. As súas catro pezas representaban un exército:
soldados de infantería, elefantes, tanques e cabaleiros.



























