24/11/16

CIENCIA NA AULA DE QUINTO

O mes de novembro é o mes que adicamos a traballar a ciencia en galego. Empezamos coa  magnífica xornada do día 14, adicada á Química. Podedes ver o vídeo en leriasdevite.

Durante esta semana levamos á práctica 3 experiencias moi variadas, todas elas relacionadas con Jules Verne e 3 dos seus títulos ("Vinte mil leguas de viaxe submarina", "A volta ao mundo en 80 días" e "Da Terra á Lúa").
Por que o Nautilus podía submerxirxe no mar e saír á superficie? Como está construída a Torre Eiffel e outros edificios altos de todo o mundo para que se manteñan en pé? Como pode subir unha nave ao espacio?
 Nos vindeiros días compartiremos a nosa aprendizaxe con nenos e nenas doutros cursos.




2 comentarios:

María dijo...

Esas nubes e espaguetis a algún grupo déronlle algún que outro quebradeiro de cabeza.

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Si, primeiro pola dificultade da tarefa e despois polas gañas de comer as chuches!