26/4/17

"CONTOS REVOLTOS" - O REI DO ESPAZO

O Rei do espazo é o título do conto que traballamos para celebrar o Día do Libro 2017.
As aventuras de Rex, que vive nunha granza de vacas galácticas, que vai a unha escola galáctica e que constrúe unha nave lanzacacas que finalmente transforma nunha nave lanzanatillas.

O equipo estivo formado polos alumnos/as de EP e EI  Gael, Carla, Julio, Sabela, Ana Clara, Mari, Anxo, Martina, Sergio e Noa e coordinado pola profe Carmela.

Despois de ler o conto, coa participación de todos/as, fixemos unha bonita ilustración.

A experiencia foi moi interesante aínda que o tempo resultou escaso.

3 comentarios:

Unknown dijo...

Ha ha ha
Parece unha historia moi divertida.��

María dijo...

Si o do conto xa mola, o de facelo disfrazados a min encántame.

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

A historia resultou entretida e o "atrezzo", aínda que escaso, sempre inflúe. A ambientación exterior tamén resultou inmellorable dada a temática do conto.