Estas son as imaxes para lembrar ese momento tan importante da sinatura dos libros.
25/4/13
VISITA FINA CASALDERREY
Esta semana recibimos a semana de Fina Casalderrey, que nos contou anécdotas moi interesantes da súa vida e obra. Tamén asinou os nosos exemplares do seu libro "O misterio do faro vello".
Estas son as imaxes para lembrar ese momento tan importante da sinatura dos libros.
Estas son as imaxes para lembrar ese momento tan importante da sinatura dos libros.
24/4/13
O LIBRO DA AMIZADE: CONTO ENCADEADO
O alumnado de 5º e 6º preséntavos este conto encadeado, elaborado por eles/as, con motivo do Día Internacional do Libro 2013; os outros ciclos tamén tiveron que facer as súas propias creacións.
Onte, día 23 de abril, foi a "estrea mundial" con grande éxito.
Onte, día 23 de abril, foi a "estrea mundial" con grande éxito.
18/4/13
CAMPIONATO NACIONAL DE SUPERTICS ONLINE - MATEMÁTICAS
O día 17 de abril de 2013 os alumnos e alumnas de 6º de E.P. do CEIP de VITE I participamos nun campionato nacional de supertics online (matemáticas), entre as 9 horas da mañá e as 9 horas da noite. O número de participantes foi de 1609 alumnos/as en toda España.
Na categoría individual dentro do top 60 clasificamos: Eduardo de 1º (campión nacional), Sergio de 10º, Marcos de 30º, Sara de 41º, Silvia de 54º e Hugo de 55º.
Na categoría de clases de sexto: 6º de E.P. do CEIP de VITE I clasificou no 2º posto a nivel nacional.
Na categoría de colexios non puidemos participar por non reunir os 50 alumnos, que era número mínimo esixido para participar.
Na categoría de colexios non puidemos participar por non reunir os 50 alumnos, que era número mínimo esixido para participar.
17/4/13
Teatreiros!
Eiquí tedes a aportación de cuarto e quinto ao 18º certame de Teatro Intercentros, que se celebrou no salón de actos de Maxisterio.
Empeza cos Poemas do Río de cuarto e remata cos Camareiros da Seguridade Social de quinto.
Parabéns a todos eles!
Empeza cos Poemas do Río de cuarto e remata cos Camareiros da Seguridade Social de quinto.
Parabéns a todos eles!
9/4/13
Rematou o VIII torneo de brilé (toda a información poderédela atopar na seguinte ligazón ao blog leriasdevite.
Hoxe recibiron o seu diploma de participación todos os xogadores e xogadoras de 5º e 6º que finalizaron o torneo adaptándose ás normas do mesmo.
Estas son as súas caras de felicidade, despois de recibir os merecidos aplausos dos compañeiros.
Parabéns para todos e todas!
O xoves, no recreo, entregaremos os agasallos para os equipos clasificados nos tres primeiros postos.
Hoxe recibiron o seu diploma de participación todos os xogadores e xogadoras de 5º e 6º que finalizaron o torneo adaptándose ás normas do mesmo.
Estas son as súas caras de felicidade, despois de recibir os merecidos aplausos dos compañeiros.
Parabéns para todos e todas!
O xoves, no recreo, entregaremos os agasallos para os equipos clasificados nos tres primeiros postos.
1/4/13
ACTIVIDADES EN IMAXES - 2º TRIMESTRE
Ola... Déixovos aquí un pequeno resumo, en imaxes das actividades complementarias do segundo trimestre.
15/3/13
"A hooligans game played by gentlemen"
Eiquí tedes o enlace da Federación de Rugby sobre a Grande Melé na que participou sexto o pasado mércores. Premede na imaxe para acceder:
14/3/13
Itinerario verde urbano
Hoxe, os chicos e chicas de terceiro ciclo de E.P., cos nosos profesores de prácticas, Manola e os nosos titores, realizamos un itinerario verde urbano. Acompañounos unha monitora do Concello, Irene. Empezamos na Ponte Mantible e iamos chegar ata Galeras pero como o tempo non acompañou, ao chegar á zona do Auditorio, fomos de volta para o colexio. Aprendemos moito.... contarémosvolo dentro duns días!
11/3/13
NAVEGA.... CON RUMBO
O xoves da semana pasada tivemos a oportunidade de participar, aquí no colexio, nunha actividade relacionada coas vantaxes e inconvenientes de navegar pola rede. Concluímos que aínda que as vantaxes son moitas, tamén ten os seus riscos. Temos que ser precavidos á hora de publicar calquera tipo de información porque despois xa se perdeu a súa privacidade. Aínda que a eliminemos nós, na rede, vai quedar para sempre.

A sesión de traballo levámola a cabo cun enxeñeiro informático da USC, chamado Miguel, que nos "gañou" xa nos primeiros minutos. Resultounos súper interesante e educativa.
4/3/13
CONCURSO RADIOFÓNICO ECOVOZ 2013
Un grupo de alumnos de 6º, coordinados polo seu titor Alfonso Louzao, están participando con moito éxito no concurso escolar ECOVOZ, no que colexios de 6º de Primaria de distintos puntos de Galicia compiten en coñecementos sobre medio ambiente. A través destes espazos radiofónicos que emite Radiovoz (de Radio Obradoiro), SOGAMA pretende informar acerca dos aspectos máis importantes a ter en conta polo cidadanía para levar a cabo unha correcta xestión dos residuos urbanos.
O día 22 de febreiro Sergio, Carlos, Andrés, Edu e Marcos eliminaron ao Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo e demostraron ter moitos coñecementos e rapidez nas respostas para poder superar a uns grans rivais.
O día 22 de febreiro Sergio, Carlos, Andrés, Edu e Marcos eliminaron ao Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo e demostraron ter moitos coñecementos e rapidez nas respostas para poder superar a uns grans rivais.
Déixovos a gravación do programa para que o que poidades comprobar.
1/3/13
Nadal 2012-2013
Aínda que as grabacións non son moi boas, deixámosvos aquí os vídeos das actuacións do festival de nadal, por iso de se vos apetece rir un pouco... Da chirigota hai dous, o da mañá e o da tarde... Grazas a todos os que acompañástedes, en persoa e coas estupendas voces!
25/2/13
Actividades do 1º trimestre en imaxes
Unha pequena selección de fotos dalgunhas actividades realizadas no primeiro trimestre:
15/2/13
X Edición do Festival de Cine Euroárabe AMAL
O
xoves día 18 de outubro de 2012 os rapaces de terceiro ciclo de E.P.
do CEIP de Vite I, saímos do colexio para ir ao Hotel Araguanei e
participar na actividade de cine euro – árabe. Saímos ás 10:00 h
e chegamos ás 13:40 h. Tivemos sorte co tempo porque non nos
mollamos a pesar de que eran uns días en que a chuvia non se ía de
Santiago.
Ao
chegar, recibíronnos uns monitores e o primeiro que fixemos foi
gardar as parcas e os paraugas e logo descalzarnos na entrada da sala
onde se ía celebrar a actividade. Con nós tamén foron rapaces e
profesores doutro colexio. Sentámonos todos no chan e o presentador,
un chico árabe, vestido ademais con roupa do seu país, explicounos
a actividade que iamos realizar. Estaba moi ben decorado todo porque
no salón había maquetas de palmeiras, animais, “jaimas”,...
todo preparado de forma que parecía que estabamos nun pobo
diferente.
A
segunda película trataba dunha nena chamada Fátima, máis ou menos
da nosa idade, que vivía no deserto. Como o Presidente dos EEUU
dixera na campaña electoral que si gañaba todos os nenos ían ter
as mesmas oportunidades e ían ser iguais, Fátima decidiu
escribirlle unha carta á súa filla Sasha, pedíndolle axuda para o
seu pobo e para ela que estaban a vivir nun campo de refuxiados.
Ao
rematar cada película fixemos debates, dirixidos polo presentador.
Despois
diso, en pequenos grupos, fixemos varias actividades: mandarlle
mensaxes a Fátima ou a Sasha, tomar té nunha “jaima”,
puxéronnos panos na cabeza, bailamos, escribimos o noso nome,...
todo segundo a cultura sobre a que foramos a traballar, a árabe.
Gustounos
a actividade porque o pasamos xenial! E, ademais, aprendemos aspectos
doutra cultura.
(Rapaces
e rapaces de 5º de E.P.)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

