15/2/13

X Edición do Festival de Cine Euroárabe AMAL

O xoves día 18 de outubro de 2012 os rapaces de terceiro ciclo de E.P. do CEIP de Vite I, saímos do colexio para ir ao Hotel Araguanei e participar na actividade de cine euro – árabe. Saímos ás 10:00 h e chegamos ás 13:40 h. Tivemos sorte co tempo porque non nos mollamos a pesar de que eran uns días en que a chuvia non se ía de Santiago.
Ao chegar, recibíronnos uns monitores e o primeiro que fixemos foi gardar as parcas e os paraugas e logo descalzarnos na entrada da sala onde se ía celebrar a actividade. Con nós tamén foron rapaces e profesores doutro colexio. Sentámonos todos no chan e o presentador, un chico árabe, vestido ademais con roupa do seu país, explicounos a actividade que iamos realizar. Estaba moi ben decorado todo porque no salón había maquetas de palmeiras, animais, “jaimas”,... todo preparado de forma que parecía que estabamos nun pobo diferente.

Empezou a actividade coa proxección dunha película árabe, subtitulada en inglés e castelán. Trataba dunha serea que ao oír os cánticos dos mariñeiros subiu á superficie, desobedecendo as ordes do rei Neptuno. Tal acción levaba como castigo a morte pero ao final perdooulle a vida.
A segunda película trataba dunha nena chamada Fátima, máis ou menos da nosa idade, que vivía no deserto. Como o Presidente dos EEUU dixera na campaña electoral que si gañaba todos os nenos ían ter as mesmas oportunidades e ían ser iguais, Fátima decidiu escribirlle unha carta á súa filla Sasha, pedíndolle axuda para o seu pobo e para ela que estaban a vivir nun campo de refuxiados.
Ao rematar cada película fixemos debates, dirixidos polo presentador.
Despois diso, en pequenos grupos, fixemos varias actividades: mandarlle mensaxes a Fátima ou a Sasha, tomar té nunha “jaima”, puxéronnos panos na cabeza, bailamos, escribimos o noso nome,... todo segundo a cultura sobre a que foramos a traballar, a árabe.
Gustounos a actividade porque o pasamos xenial! E, ademais, aprendemos aspectos doutra cultura.
(Rapaces e rapaces de 5º de E.P.)

1 comentario:

  1. Que saída máis interesante! Agardo que actualicedes o blog con máis destas aventuras!

    ResponderEliminar