10/4/18
EDUCACIÓN VIAL NO PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO
Esta actividade na que participamos onte no recinto feiral de Amio resultou moi interesante e o alumnado puido comprobar a importancia do respeto polas normas de circulación establecidas para evitar accidentes: pasós de peóns, semáforos, ceda o paso, stop, dirección obrigatoria, rotondas... Todo isto non resulta nada doado e por iso houbo bastantes "infraccións" anotadas polo alumnado que facía ese labor.
A ÁRBORE URBANA
No parque de Belvís pasamos unha mañá realizando actividades de sensibilización ambiental, neste caso en relación coas árbores que temos na cidade, os distintos tipos de zona veredes e o papel que teñen na nosa vida.
26/3/18
PEQUENOS XORNALISTAS
No 2º trimestre, os alumnos/as de 6º elaboramos un xornal, dirixidos pola nosa profe de prácticas, Andrea. Dividímonos en equipos e en cada un había un redactor-xefe, un editor, un maquetador e un secretario. Tiñamos que escribir un artigo de opinión, algunha noticia, pasatempos e anuncios. O obxectivo deste traballo era aprender a redactar distintos tipos de textos e coñecer a estrutura dun xornal. Traballamos moi duro, pero pasámolo moi ben. Grazas, Andrea.
Deixámosvos os enlaces para que poidades ver o resultado.
![]() |
| https://es.slideshare.net/secret/hwY9mdrL1kSv17 |
![]() |
| https://es.slideshare.net/secret/8iqXmBVY8hJQNY |
17/3/18
DESPEDIDA DE ANDREA E NEREA
Remataron o período de prácticas e teñen que voltar á facultade de Ciencias da Educación para rematar os seus estudos. Nerea e Andrea involucráronse a fondo no traballo diario, levaron á práctica as súas propias unidades didácticas e din que aprenderon moito. Todas e todos nós estivemos encantados co seu esforzo e dedicación. Por iso a festa de despedida que prepararon foi moi emotiva.
Desexámoslles moita sorte, merécena!
OBRADOIRO AUDIVISUAL
O venres tivemos unha actividade interesante de preparación para a actividade de exhibición audiovisual do vindeiro luns ao Auditorio de Galicia baixo o título "Elas bravas!", referente á participación feminina no cine (actrices, productoras, directoras, etc.).
O MACETEIRO DE MÓNICA
Mónica trouxo a botella para preparar a súa plantación no cole: Seguíu todos os pasos: abrir pola parte superior, buratos no fondo, pedriñas para drenaxe, terra e... a plantar. Dentro de pouco teremos unhas bonitas margaritas.
15/3/18
A IDADE CONTEMPORÁNEA - PARTE I
Rematamos o traballo da 1ª parte da Idade Contemporánea. Deixo dúas mostras dos contos elaborados polo alumnado. Todos fixeron un magnífico traballo que servíu para fixar mellor os coñecementos.
7/3/18
A COCIÑA - VÍDEOS
Estes vídeos, aínda que son poucos merecen a pena para ver como se desenvolve este persoal traballando en equipo e ben coordinados.
E, unha vez máis, contamos coa axuda de María Gigirey, sempre disposta a colaborar. Moitas grazas.
Un pracer, nenos e nenas, ver a evolución ao longo destes anos!
E, unha vez máis, contamos coa axuda de María Gigirey, sempre disposta a colaborar. Moitas grazas.
Un pracer, nenos e nenas, ver a evolución ao longo destes anos!
RETOS DE COCIÑA - 6ºA
Os de 6ºA tamén prepararon as súas receitas pero... no medio da sesión viñeron a arranxar a cociña nova e, mentres tanto non podíamos utilizar o forno, aínda que funcionaba moi ben.
Quedou o tempo xustiño pero poidemos degustar pizzas sen gluten, pasteliños de guayaba, milfollas de Nutella e "ramen", prato xaponés de fideos.
Todo estaba riquísimo!
Quedou o tempo xustiño pero poidemos degustar pizzas sen gluten, pasteliños de guayaba, milfollas de Nutella e "ramen", prato xaponés de fideos.
Todo estaba riquísimo!
RETOS DE COCIÑA - 6ºB
Cada equipo puido escoller entre varias opcións. Despois tuveron que buscar unha receita, conseguir os ingredientes e levala á práctica.
O xurado composto por Andrea e Nerea (alumnas de prácticas), Luisa, Carmela e todos os compañeiros/as de clase decidiu que a proba superouse con grande éxito.
Nesta clase os pratos elixidos foron: albóndigas, "churros" chinos e canelóns.
Como o reto forma parte da actividade de recunchos e había un equipo que non o elixira... Hoxe tiveron que cociñar por sorpresa, buscando ingredientes que había na cociña vella ou algo prestado. O inicio foi duro pero Sara Míguez, Bruno e Brais Portos souberon buscarse a vida e fixeron unhas tortiñas ben ricas.
Parabéns para todo o alumnado de 6ºB por este gran traballo!

6/3/18
CLASE DE HISTORIA CON 3ºA
Hoxe tivemos una clase magnífica na que o alumnado de 6º explicou aos seus compañeiros e compañeiras de 3ºA a evolución da humanidade a través da liña do tempo traballada. Os profes de hoxe foron Iria, Yago, Diego e Chano. A súa intervención propiciou moito intercambio de coñecementos entre maiores e pequenos. Seguro que haberá máis oportunidades.
1/3/18
ACTIVIDADES DE AULA - FEBREIRO 18
A nosa aula ferve de actividade constantemente. Isto é unha mostra do que estamos a facer en Sociais para aprender un pouco máis de Historia e tamén das clases de Educación en Valores nas que estamos iniciando unha presentación dixital sobre Wangari Maathai.
28/2/18
PAPEL DE CORES
Hoxe fixemos a última tanda de papel reciclado. Parte do traballo veunos feito en forma de donativo: a nai de Manuel mandounos unha boa cantidade de papel triturado do instituto no que traballa.Como era moi branco, déuselles por experimentar botándolle témpera de cores.
Dentro duns días xa estará seco e poderán darlle unha nova vida. Seguro que sairán uns traballos ben orixinais!
Dentro duns días xa estará seco e poderán darlle unha nova vida. Seguro que sairán uns traballos ben orixinais!
19/2/18
ENTROIDO 2018
Foron unhas datas moi bonitas deseñando e elaborando os nosos propios disfraces. Quedaron preciosos e, sobre todo, aprendemos a reducir consumos excesivos e valorar o que facemos coas nosas mans. O Planeta agradeceranos estes xestos.
Deixóvos as imaxes dun día moi divertido.
Grazas a todas as familias pola vosa participación e implicación nos días anteriores e na propia festa.
ACTIVIDADES VARIAS NO 2º TRIMESTRE
Por falta de tempo non publiquei no seu momento estas imaxes que deixan constancia dalgunhas actividades que imos facendo: plantación de pinos que deixou o Apalpador, preparación de disfraces para o Entroido, elaboración de papel reciclado, inicio dos traballos para os xardíns verticais cos palés, plantación de espinacas para transplantar posteriormente...
Xa vedes que aproveitamos moi ben o tempo!
Xa vedes que aproveitamos moi ben o tempo!
30/1/18
DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
Este mes adicamos moito tempo a reflexionar sobre a paz na súa máis ampla dimensión. Intercambiamos opinións e concluímos que, desde a nosa posición de nenos e nenas, temos moito que facer para contribuír á paz.
Hoxe puidemos expresar as nosas ideas ao respecto no salón de plenos do concello (Nova publicada na web do concello), compartindo espazo e debate co alcalde, o concelleiro de educación e outros membros da corporación.

10/1/18
O ACEITE, UN RESIDUO MOI PERXUDICIAL
Onte tivemos unha actividade de sensibilización moi interesante a cargo de Beatriz Seoane de Compostela Inserta, empresa de inserción social sen ánimo de lucro.
Con ela reflexionamos sobre o dano que facemos cada vez que tiramos aceite polo fregadeiro. Sabedes que 1l de aceite usado contamina 40.000l de auga? Sabedes que esa é a cantidade de auga que consume unha persoa durante todo un ano?
Nos nosos domicilios podemos ir baleirando os restos de aceite usado (incluído o das latas de conserva) nunha botella transparente e despois depositar a botella nun colector laranxa (témolo no Centro sociocultural e tamén no patio do colexio). Con ese aceite fabricarase un combustible chamado biodiesel.
Desde aquí animámosvos a colaborar. Entre todos/as podemos conseguir mellorar a saúde do noso entorno.

22/12/17
NADAL 17
Isto é un resumo das actividades coas que rematamos trimestre. Grazas pola vosa participación.
Os nosos mellores desexos para o ano que empeza.
Os nosos mellores desexos para o ano que empeza.
10/12/17
ACTIVIDADES CIENCIA 2017
Este ano as actividades que fixemos estiveron centradas en visualizar os problemas que as accións do ser humano provocan no entorno: os efectos dos verquidos do petróleo, a contaminación do aire, o uso excesivo de plásticos e as súas consecuencias, etc.
Tamén poideron comprobar de reducir o consumo, neste caso fabricando o seu propio pegamento libre de produtos químicos (só con auga e fariña!).
Tamén poideron comprobar de reducir o consumo, neste caso fabricando o seu propio pegamento libre de produtos químicos (só con auga e fariña!).
27/11/17
DESPEDIDA DE LORRAINE
Hoxe rematou o seu período de prácticas con nós Lorraine. Fixo unha despedida con sabor alemán:
Vanillekipferl (galletas de vainilla) e Marmorkuchen (biscoito con chocolate), todo feito por ela mesma. Explicounos que son doces típicos de Alemania no tempo de Nadal (alí non comen turrón, mazapán e demais doces do noso Nadal). Todo estaba riquísimo e fixo un pouco máis alegre a despedida.
E aínda houbo un agasallo en forma de lapis ben chulo para cada un!
Desexamos que teña moita sorte e esperamos poder a tela novamente no noso cole.
17/11/17
A PATRULLA VERDE DE 6º B
Por fin empezamos! A Patrulla Verde é unha unidade de intervención para coidar o noso colexio. Cada semana encargarase destas tarefas un grupo-clase diferente: manter o colexio sen lixo tirado, revisar os materiais para reciclar, conservar os murais e traballos expostos, coidar as plantas, recoller xoguetes e tarefas relacionadas cos composteiros.
Os maiores son os encargados de abrir camiño e seguro que, co esforzo de todas as partes, conseguiremos mellorar o noso cole e aprender moito.
Os maiores son os encargados de abrir camiño e seguro que, co esforzo de todas as partes, conseguiremos mellorar o noso cole e aprender moito.
PRESENTACIÓNS ÁRBORES - REMATAMOS
Na publicación anterior quedaran estas fotos por publicar e como sei que vos gusta velas...
16/11/17
ÁRBORES DO PATIO - PRESENTACIÓNS
Freixo, loureiro, magnolia, sanguiño, acivro, liquidámbar, arce branco (falso plátano), maceira, nogueira, castiñeira, abeto, tuia, sabugueiro... Hai máis no noso patio pero nós chegamos a estudar un pouquiño estes.
Poderemos identificalos de novo cando chegue a primavera, con todos os cambios na natureza? E cando vaiamos pola rúa?
Probade a xogar cando vaiades de paseo... quen os recoñece? E, ante a dúbida, recomendamos Pl@ntNet, aplicación para móbil ou calquera das guías que podedes atopar nas bibliotecas do barrio e no propio cole.

15/11/17
DÍA DA CIENCIA 2017
A xornada de onte adicada á celebración do Día da Ciencia resultou marabillosa. Amador Pérez é mestre xubilado e experto en electrónica; recibiu o 2º
premio do público na Maker Faire Galicia 2016. Constrúe xoguetes e artiluxios
de todo tipo reciclando pezas de pequenos electrodomésticos.
Ademais de explicarnos os fundamentos científicos para que os seus xoguetes poidan funcionar propón investigar as posibilidades que cada un de nós tén para elaborar as nosas propias pezas.
Rematamos a xornada con unha recreación do Universo coas súas estrelas e galaxias que foi impresionante. Tamén con pezas de elaboración propia usando materiais de refugallo.
Moi importante esta labor de concienciación sobre a posibilidade de reducir consumo e usar a nosa creatividade.
Moitas grazas Amador por compartir con nós o teu bo saber facer.
(E para quen teña ganas de máis: poderedes velo este venres no Luar da TVG e na Maker Faire Galicia, 25 e 26 de novembro na Cidade da Cultura.

13/11/17
DESPEDIDA DE VERÓNICA RADICE
O venres foi o último día de prácticas de Verónica. Ela é italiana, de Nápoles, e quixo despedirse convidándonos a pizza margarita. Só leva tomate e mozzarella e está riquísima.
Tamén trouxo uns agasallos personalizados que nos encantaron. Moitas grazas Verónica e moita sorte!
Tamén trouxo uns agasallos personalizados que nos encantaron. Moitas grazas Verónica e moita sorte!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)