Onte tivemos unha actividade de sensibilización moi interesante a cargo de Beatriz Seoane de Compostela Inserta, empresa de inserción social sen ánimo de lucro.
Con ela reflexionamos sobre o dano que facemos cada vez que tiramos aceite polo fregadeiro. Sabedes que 1l de aceite usado contamina 40.000l de auga? Sabedes que esa é a cantidade de auga que consume unha persoa durante todo un ano?
Nos nosos domicilios podemos ir baleirando os restos de aceite usado (incluído o das latas de conserva) nunha botella transparente e despois depositar a botella nun colector laranxa (témolo no Centro sociocultural e tamén no patio do colexio). Con ese aceite fabricarase un combustible chamado biodiesel.
Desde aquí animámosvos a colaborar. Entre todos/as podemos conseguir mellorar a saúde do noso entorno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario