Acábase o tempo de compartir experiencias pero estamos aproveitando a tope.
Hoxe poidemos, por fin, colocar os letreiros das árbores que adoptamos (bidueiro, abeleira, chopo e sabugueiro).
E despois, celebramos os cumples do verán facendo sckeching polo contorna. A pesar das altas temperaturas poidemos gozar da experiencia e rematar xogando as agachadas.
Aquí está, por fin, o tan esperado stopmotion sobre Wangari Maathai feito polo alumnado de Ed. en Valores de 6º.
Parabéns equipazo pola capacidade de planificación, organización e execución do proxecto en cada unha das súas fases.
E tamén por non escoller o camiño máis sinxelo senón o que máis vos apectecía aínda que supuxo todo un reto.
Estou moi orgullosa de telo compartido con vós!
Por fin rematamos o noso proxecto de animación sobre Wangari Maathai.
O alumnado está moi orgulloso do traballo feito, con moitísimo esforzo e colaboración entre todos e todas.
Por iso decidiron non publicalo de momento e facer a estrea, "a nivel mundial", na xornada de fin de curso.
Mª José Carbonell, a nai de Rodrigo, estivo onte no cole para a elaboración do xabrón cos aceites que fomos recollendo. Os resultados son óptimos e dentro duns días xa poderán levar unha mostra para a casa; agora mesmo temos os recipientes ben arroupados para que remate o proceso.
E os sobrantes de aceite... ya sabedes que os hai que tirar ao contador axeitado nunca botella de plástico.
Moitas grazas a Mª José pola sua total predisposición a colaborar con nós. E xa van moitas veces!
Xa sabemos que non poderemos cultivar moita cousa nun anaco de terra tan pequeno pero o traballo que fixemos vai encamiñado a concienciar das posibilidades que todos/as temos para cultivar algo por nós mesmos e sen utilizar produtos químicos. Un xeito de revalorizar a necesidade de coidar o noso entorno, que é o que nos da de comer.
E ademais de facelo con "arte". Puxemos variedade de herbas aromáticas, verduras e hortalizas que teremos que observar, estudar e coidar: espinacas, leitugas, millo doce, apio, estevia, perexil, xudías, pementos, tomates, ourego, albahaca, menta...
Traballos elaborados polos alumnos de 5º de EP, como resultado dunha xornada de escrita creativa ofertada por Kalandraka Editora. O noso especial agradecemento a Xosé A. Pérez pola súa inestimable implicación e colaboración.
Estas son as imaxes da plantación que fixemos nos nosos palés! Hoxe non importaron as miñocas ni outros bichos, coas mans metidas na terra, preparando os ocos para as nosas plantas, coordinándonos para facer unha distribución esteticamente bonita...
Pero agota teñen pena porque non van poder coidalas para o ano vindeiro!
Aproveitamos para os agradecementos:
- Á empresa DIYESCA pola donación dos palés.
- Ao concello de Santiago (concellaría de Medioambiente e de Educación) polo asesoramento e colaboración co compós, as plantas, rego, etc.
Os de 6º A non tivemos tanta sorte cando fomos a Belvís xa que as condicións metereolóxicas non foron as adecuadas para poder realizar actividades fóra, pero aínda así aprendemos un montón de cousas sobre os espazos verdes da nosa cidade, elaboramos o nosos propio caderno de campo e perdémonos no labirinto. Ao final, regaláronnos un piñeiro para plantalo cando sexa un pouco máis grande. Pasámolo xenial, a pesar das inconveniencias do tempo.
Hoxe celebramos o Día do Libro cunha actividade de centro cuxo nome fala por sí mesmo: CONTOS Á SOMBRA.
Nós estivemos debaixo das árbores do parque do Auditorio, un lugar marabilloso para gozar da lectura.
Na próxima ocasión haberá que avisar a todas as criaturas animais do entorno para que marchen cando vaiamos nós!
Esta actividade na que participamos onte no recinto feiral de Amio resultou moi interesante e o alumnado puido comprobar a importancia do respeto polas normas de circulación establecidas para evitar accidentes: pasós de peóns, semáforos, ceda o paso, stop, dirección obrigatoria, rotondas... Todo isto non resulta nada doado e por iso houbo bastantes "infraccións" anotadas polo alumnado que facía ese labor.
No parque de Belvís pasamos unha mañá realizando actividades de sensibilización ambiental, neste caso en relación coas árbores que temos na cidade, os distintos tipos de zona veredes e o papel que teñen na nosa vida.
No 2º trimestre, os alumnos/as de 6º elaboramos un xornal, dirixidos pola nosa profe de prácticas, Andrea. Dividímonos en equipos e en cada un había un redactor-xefe, un editor, un maquetador e un secretario. Tiñamos que escribir un artigo de opinión, algunha noticia, pasatempos e anuncios. O obxectivo deste traballo era aprender a redactar distintos tipos de textos e coñecer a estrutura dun xornal. Traballamos moi duro, pero pasámolo moi ben. Grazas, Andrea.
Deixámosvos os enlaces para que poidades ver o resultado.
Remataron o período de prácticas e teñen que voltar á facultade de Ciencias da Educación para rematar os seus estudos. Nerea e Andrea involucráronse a fondo no traballo diario, levaron á práctica as súas propias unidades didácticas e din que aprenderon moito. Todas e todos nós estivemos encantados co seu esforzo e dedicación. Por iso a festa de despedida que prepararon foi moi emotiva.
O venres tivemos unha actividade interesante de preparación para a actividade de exhibición audiovisual do vindeiro luns ao Auditorio de Galicia baixo o título "Elas bravas!", referente á participación feminina no cine (actrices, productoras, directoras, etc.).
Mónica trouxo a botella para preparar a súa plantación no cole: Seguíu todos os pasos: abrir pola parte superior, buratos no fondo, pedriñas para drenaxe, terra e... a plantar. Dentro de pouco teremos unhas bonitas margaritas.
Rematamos o traballo da 1ª parte da Idade Contemporánea. Deixo dúas mostras dos contos elaborados polo alumnado. Todos fixeron un magnífico traballo que servíu para fixar mellor os coñecementos.
Estes vídeos, aínda que son poucos merecen a pena para ver como se desenvolve este persoal traballando en equipo e ben coordinados.
E, unha vez máis, contamos coa axuda de María Gigirey, sempre disposta a colaborar. Moitas grazas.
Un pracer, nenos e nenas, ver a evolución ao longo destes anos!
Os de 6ºA tamén prepararon as súas receitas pero... no medio da sesión viñeron a arranxar a cociña nova e, mentres tanto non podíamos utilizar o forno, aínda que funcionaba moi ben.
Quedou o tempo xustiño pero poidemos degustar pizzas sen gluten, pasteliños de guayaba, milfollas de Nutella e "ramen", prato xaponés de fideos.
Todo estaba riquísimo!
Cada equipo puido escoller entre varias opcións. Despois tuveron que buscar unha receita, conseguir os ingredientes e levala á práctica.
O xurado composto por Andrea e Nerea (alumnas de prácticas), Luisa, Carmela e todos os compañeiros/as de clase decidiu que a proba superouse con grande éxito.
Nesta clase os pratos elixidos foron: albóndigas, "churros" chinos e canelóns.
Como o reto forma parte da actividade de recunchos e había un equipo que non o elixira... Hoxe tiveron que cociñar por sorpresa, buscando ingredientes que había na cociña vella ou algo prestado. O inicio foi duro pero Sara Míguez, Bruno e Brais Portos souberon buscarse a vida e fixeron unhas tortiñas ben ricas.
Parabéns para todo o alumnado de 6ºB por este gran traballo!
Hoxe tivemos una clase magnífica na que o alumnado de 6º explicou aos seus compañeiros e compañeiras de 3ºA a evolución da humanidade a través da liña do tempo traballada. Os profes de hoxe foron Iria, Yago, Diego e Chano. A súa intervención propiciou moito intercambio de coñecementos entre maiores e pequenos. Seguro que haberá máis oportunidades.