17/10/19

MERENDA SAUDABLE E MÁIS COUSAS

Esta semana tocou recoller os berros que sementaron (cada equipo a súa plantación); con pan e manteiga ou queixo de untar estaban riquísimos. A opinión é que o verde non está nada mal cando se prepara de xeito divertido así que... seguiremos probando.

E tamén houbo faena de pintura en colaboración con 1º (unha árbore de outono) e unha "catrina" mexicana (representación do día dos mortos) preparando xa o Samaín.


1 comentario:

Teacher Pablo dijo...

Esas merendas as quero eu para min! Alédome de vervos ben e tan grandes.

Moitos bicos, xente!