30/10/17

AS ÁRBORES DO PATIO

Despois de ver Galicia e Portugal ardendo de maneira descontrolada empezamos a escoitar opinións sobre a importancia da flora autóctona para preservar a diversidade que sempre houbo no noso entorno.

Nós xa nos puxemos a traballar desde distintas áreas para coñecer as árbores do noso cole e as súas características. É un bo xeito de averiguar cales son autóctonas e aconsellables para a repoboación nos bosques queimados.
Estamos usando dúas aplicacións (Arbolapp e Pl@antNet) e axudándonos con guías e outros recursos. Non está sendo moi doado pero sí moi interesante e entretido.

A nosa alumna en prácticas Verónica encárgase, xunto coas titoras, de completar este traballo e engadir un novo apartado de vocabulario en italiano ( o seu idioma).

1 comentario:

Unknown dijo...

É unha pena 😥 o que pasou fai un par de semans pero ainda así hay que disfrutar da nosa terra