Como o prometido é débeda, aquí tedes a vosa actuación no festival de nadal da tarde. Engadín tamén algunha foto da visita dos Reis Magos á nosa aula.
21/12/14
19/12/14
Festival de Nadal: o circo da vida.
Ola a todos: déixovos a actuación que fixeron, pola mañá, os vosos fillos e fillas no festival de nadal. Boas festas a todos e Feliz Ano!
17/12/14
XOGANDO AO CINE EN EDUCACIÓN FÍSICA
Hoxe, na clase de Ed. Física de quinto, tocaba xogo libre. Algúns nenos e nenas quixeron adicar ese tempo a facer un pequeno trailer de cine, coa axuda dos ipads (aplicación IMOVIE).
Só dispuxeron duns 35 /40 minuntos así que non podemos pedir moito máis.
Só dispuxeron duns 35 /40 minuntos así que non podemos pedir moito máis.
15/12/14
NADHIFA EN INDONESIA
Nadhifa tivo que regresar ao seu país, Indonesia, e desde alí mandounos un correo electrónico con estas fotos na quer aparece na compaña dos seus amigos e profes.
14/12/14
ANACOS DE ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE
Deixámosvos unhas imaxes dalgunhas das actividades que realizamos no primeiro trimestre.
16/11/14
O PEÓN: XOGOS E TRUCOS
Déixovos este vídeo feito coa colaboración da maioría do alumnado de 5º e 6º, como traballo da área de Ed. Física.
15/10/14
OS MONITORES E MONITORAS DOS XOGOS TRADICIONAIS
Durante os recreos dos luns e xoves (máis outros días que eles teñan ganas) a maioría do alumnado de 5º e algúns de 6º estarán polo patio lucindo os seus petos laranxas de MONITOR/A.
Xa empezaron coa súa función de xogar con outros nenos e nenas de diferentes idades para ir transmitindo, de xeito oral todos aqueles coñecementos sobre xogos tradicionais que eles xa teñen.
Xa empezaron coa súa función de xogar con outros nenos e nenas de diferentes idades para ir transmitindo, de xeito oral todos aqueles coñecementos sobre xogos tradicionais que eles xa teñen.
3/6/14
VITE INFORMA DE 6º
Como sabedes, durante este curso estivemos levando a cabo unha iniciativa, a nivel de centro, promovida polo equipo TIC. Trátase dun programa informativo no que foron participando diversos grupos.
Déixovos aquí o programa realizado polo alumnado de 6º.
Déixovos aquí o programa realizado polo alumnado de 6º.
18/5/14
IMAXES DALGUNHAS ACTIVIDADES DO MES DE MAIO
Déixovos algunhas imaxes dalgunhas das últimas actividades que fixemos, individualmente, ou con compañeiros do colexio:
- Festival das Letras Galegas.
- Obradoiro de Escrita Creativa.
- Obradoiro de Reciclaxe.
- Festival das Letras Galegas.
- Obradoiro de Escrita Creativa.
- Obradoiro de Reciclaxe.
6/5/14
CORRELINGUA 2014
3/4/14
FIN DO TORNEO DE BRILÉ 2014
Estas son as fotos da entrega de agasallos do torneo de brilé deste ano. Non están todos/as os que xogaron porque só 4 equipos acadaron "trofeo" (3 equipos máis tiveron penalizacións por non axustarse estrictamente ás normas do torneo: solución pacífica dos conflitos. Outra vez será.
Parabéns para todos os gañadores/as e os xogadores/as dos outros equipos que souberon participar con limpeza e compañeirismo no xogo e que conseguiron o seu diploma. Tamén para as tres axudantes colaboradoras (Bea de 5º e Paula e María de 3º) polo seu magnífico traballo.
21/3/14
SESIÓN DE TRABALLO CO ESCRITOR ANTONIO MANUEL FRAGA
O xoves, 13 de marzo, os alumnos
do 3º ciclo, tivemos unha sesión de traballo, na biblioteca do centro, co
escritor Antonio Manuel Fraga, autor de “O Castañeiro de Abril”. Ao longo deste
segundo trimestre lemos e fixemos actividades con este libro.
O libro trata dun zapateiro, chamado
Buto, que conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego
de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela,
dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado do seu can,
Barriga Branca, Baltasar vende na praza dos Zoqueiros soldadiños e bailarinas
de madeira. O seu obxectivo é reencontrase co seu pai...
A sesión co escritor estivo moi
interesante: falamos do libro, preguntámoslle dúbidas, coñecemos un pouco máis
da súa vida, asinounos os libros, fixémoslle un pequeno agasallo como lembranza do seu paso polo colexio, etc.
Dende esta páxina queremos
darlle as grazas! Gustounos moito e resultou moi educativa.
Deixámosvos unha presentación,
en imaxes, da actividade.
1/3/14
IMAXES DE ENTROIDO. XUÍZO E TESTAMENTO DO MECO
Deixovos unha pequena mostra da actividade desenvolta no venres de Entroido. Tamén tedes incluído o vídeo co xuízo e testamento do Meco. A disfrutar do merecido descanso!
27/2/14
OBRADOIRO DE CARETAS-2ª PARTE
Aí vai a segunda parte do proceso e o resultado do obradoiro de caretas. Que vos guste!
22/2/14
INICIAMOS AS ACTIVIDADES DO ENTROIDO
Na semana pasada empezamos a realizar actividades relacionadas coa festa do Entroido.
Cos compañeiros de 5º fixemos un mural no que disfrazamos.....? Iso é o que vos toca adiviñar!
Tamén, con persoal de Urbana Norte, empezamos a facer máscaras venecianas, que na semana que ven pintaremos. Aí van unhas imaxes das actividades. Que vos gusten!
21/2/14
VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES
Unha pequena mostra do que poidemos disfrutar na saída aos Museos Científicos Coruñeses o martes 18 de febreiro.
15/2/14
O PASO PARA O IES
CHARLA-COLOQUIO CO DIRECTOR E ORIENTADORA DO IES XELMÍREZ II COS ALUMNOS DE 6º DE E.P.
O mércores 12 de febreiro, á volta do recreo,
tivemos unha sesión de traballo co Director (José Luís) e a Orientadora (Cruz),
do IES Xelmírez II, na nosa aula.
Nós fixemos, para o día seguinte, unha pequena
reflexión do que teriamos que cambiar, ou mellorar, para levar a bo termo os
nosos estudos.
Uns máis, outros, menos, pero apuntamos,
sintetizadas, ideas como:
- “Teño que mellorar no comportamento, non facer o tonto e deixar de xogar na clase”.
- “Teño que cambiar o ritmo de traballo, atender máis nas clases, e non facer o tonto nin o lacazán”.
- “Debería de estudar máis, repasar as cousas e volvelas a ler, nos exames ler as preguntas máis dunha vez e repasalos... e estudar máis”
- “Debería facer máis e esforzarme máis”.
- “Se teño algunha dúbida, pregunatr e non calar, atender ás explicacións, traballar con bo ritmo, fixarme máis na escrita, intentar non deixar as tarefas para o último día e non deixar cousas sen facer”
- “Debo cambiar a miña forma de traballar e aínda prestar máis atención”.
- “Debería mellorar o meu comportamento, estar máis atento nas clases, charlas, saídas..., facer as actividades que me mandan e ser máis independente á hora de facelas. Pero penso que non son o suficientemente maduro para pasar para o IES”.
- "debería escribir máis rápido, estar máis atento, presentar mellor os traballos e facelos todos, ler moitísimo máis e estudar, cada día, o que nos vaian explicando".
- "Considero que teño que mellorar a letra, facer rápido as actividades, fixarme cando copio os enunciados, releer as actividades cando as acabo e esforzarme máis en todo".
REFLEXIÓN DA TITORA:
Creo que tedes claro o que tedes que facer cada
quen. Eu estou de acordo coas ideas que apuntades. Algunhas precisan que
transcorra tempo pero, outras,….. que vos parece se xa empezamos a poñelas en
práctica?
Se empezades agora, non credes que xa tedes moito camiño andado?
ANÍMOVOS A INTENTALO XA!
A POR TODAS CHICOS E CHICAS!!!!
13/2/14
CONCERTO DIDÁCTICO NO TEATRO PRINCIPAL
RITMOS IBÉRICOS NO TEATRO PRINCIPAL CO GRUPO
DE PERCUSIÓN ODAIKO E A BANDA MUNICIPAL
O luns, día 10, fomos os alumnos de 5º e 6º de
EP ao Salón Teatro, a participar nun espectáculo do grupo Odaiko e a banda
Municipal de Santiago.
Narraron a historia dun grupo de percusionistas que se foron de viaxe por
diferentes puntos da xeografía. En cada cidade ou CCAA que paraban, sempre se
encontraban con algo que lles animaba a poñerse a tocar. Por iso poidemos escoitar e facer
nós tamén ritmo co nosos corpo de música moi variada: muiñeiras, sevillanas,
marcha militar, samba, etc.
Gustounos moito porque foi moi participativo,
ameno, e “marchoso”.
Deixamos unhas imaxes, algunhas con ritmo!
10/2/14
8/2/14
CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA
Foi a primeira vez que asistimos a un concerto de músicos tan novos e en tan grande número. Había moitísimos músicos. A maioría dos instrumentos eran de corda e de vento.Foi moi diferente a todos aos que asistimos.
Ímosvolo contar: unha rapaza estaba sentada, nunha esquina do escenario, e ía lendo un diario dunha moza, estudante de conservatorio. Cada vez que lía un anaco, e tendo en conta o que transmitía, os músicos interpretaban unha peza. A moza, que se namorou dun compañeiro, soñaba con viaxes a distintos países e a orquestra interpretaba as pezas acordes cos seus soños. Ao final, iso fíxose realidade!
Gustounos moito e resultounos moi entretido!
Deixámosvos unhas imaxes.
(Chicas e chicos de 6º de E.P.)
1/2/14
CONTA CONTOS DA EDITORIAL VICENS VIVES
O venres 17 de xaneiro fomos ao
salón de actos, xunto cos compañeiros de 4º e 5º para participar nunha
actividade de conta contos ofertada pola editorial Vicens- Vices.
Desta
editorial leramos no primeiro trimestre a obra “Noiteboa de Pantasmas” que nos
gustou moito. Os contos non tiñan
relación con este libro pero tamén nos gustaron moito e ademais foron moi
entretidos.
Ao entrar vimos unha mesa
tapada cun pano negro e enriba un cesto. Pareceunos que non había ninguén pero
si que había: a conta contos estaba agochada debaixo da mesa.
O primeiro conto tratou dun mozo que
foi pasear a un bosque e veu pasar unha
rapaza moi fermosa. Prendouse dela. Ao día seguinte volveu ao mesmo sitio e
volveu a pasar a moza. Miráronse
e.... así foron pasando os días ata que, un día, o mozo foi quen de falarlle.
Namoráronse e decidiron casarse pero a moza púxolle como condición que nunca
podería abrir o cesto para mirar o que había dentro.
E así foi, casaron, eran
moi felices pero un día que el quedou na casa porque estaba enfermo e, a muller
si saíu, el non puido resistir a tentación de abrir o cesto. Botou grandes gargalladas ao
comprobar que estaba baleiro. Nese momento a muller notou como se lle partía o
corazón. Ao chegar a muller á casa axitouno e soou como se estivera cheo de
cousas. A muller, decepcionada, marchou e nunca máis se volveu a saber dela.
CONCLUSIÓNS
QUE SACAMOS:
* Aínda que non poidamos ver algunha cousa non quere dicir que non exista
* Nunca, pero nunca, debemos romper as promesas.
O segundo tratou de dúas tartarugas que se namoraron e casaron. Ela sempre estaba na casa mentres el ía pescar. Como se aburría, ao cabo dun tempo, foille pedindo algunha cousa: pinturas…. El mercáballe un cadro xa feito; unha partitura ou unha frauta.... el mercáballe un equipo de musica, etc. Cada cousa que lle levaba íalla atando enriba da cuncha, de xeito que chegou un momento en que xa case non se podía mover. Pensando, pensando, decidiu saír da cunha e empezar a facer cousas. E así o fixo: brincaba, bailaba, pintaba... Ata que un día decidiu fuxir e outras tartarugas decidiron facer o mesmo.
CONCLUSIÓNS QUE SACAMOS:
* Debemos respectar as ideas dos demais, dos compañeiros para que sexan os nosos amigos.
* As persoas teñen que ser libres, independentemente do sexo.
O terceiro conto tratou dunha señora que ía para o mercado a vender mel pero tropezou, e caeulle todo ao chan. Púxose a chorar e dicía: “Papá Deus, Papá Deus, porque me traes tanta desgraza?
Un mono observou a escena e, ao marchar a señora, probouno e gustoulle. Pensou que a desgraza era o mel e polo tanto que a desgraza era algo delicioso.
Foi xunto a Papá Deus a pedirlle toda a desgraza do mundo. Deulle un saco e díxolle que o fose a abrir ao medio do deserto. A sorpresa foi que del saíron uns cans famentos... O mono empezou a correr diante deles, dando voltas, e cando xa pensaba que lle chegaba o fin, brotou unha árbore, subiuse a ela e salvouse.
CONCLUSIÓNS QUE SACAMOS:
* Non todo é o que parece, cando teñamos dúbidas se interpretamos algo ben, debemos preguntar antes de concluír. Co diálogo será mellor a convivencia.
* Nunca debemos perder a esperanza; sempre hai algunha “man amiga” coa que contar.
(Chicos e chicas de 6º)
REPRESENTANDO PROFESIÓNS: "CUBISMO"
Unha pequena mostra de como os "grandes" artistas de sexto, intentan seguir os pasos dun dos grandes da historia: PABLO PICASSO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)