Unha pequena selección de fotos dalgunhas actividades realizadas no primeiro trimestre:
25/2/13
15/2/13
X Edición do Festival de Cine Euroárabe AMAL
O
xoves día 18 de outubro de 2012 os rapaces de terceiro ciclo de E.P.
do CEIP de Vite I, saímos do colexio para ir ao Hotel Araguanei e
participar na actividade de cine euro – árabe. Saímos ás 10:00 h
e chegamos ás 13:40 h. Tivemos sorte co tempo porque non nos
mollamos a pesar de que eran uns días en que a chuvia non se ía de
Santiago.
Ao
chegar, recibíronnos uns monitores e o primeiro que fixemos foi
gardar as parcas e os paraugas e logo descalzarnos na entrada da sala
onde se ía celebrar a actividade. Con nós tamén foron rapaces e
profesores doutro colexio. Sentámonos todos no chan e o presentador,
un chico árabe, vestido ademais con roupa do seu país, explicounos
a actividade que iamos realizar. Estaba moi ben decorado todo porque
no salón había maquetas de palmeiras, animais, “jaimas”,...
todo preparado de forma que parecía que estabamos nun pobo
diferente.
A
segunda película trataba dunha nena chamada Fátima, máis ou menos
da nosa idade, que vivía no deserto. Como o Presidente dos EEUU
dixera na campaña electoral que si gañaba todos os nenos ían ter
as mesmas oportunidades e ían ser iguais, Fátima decidiu
escribirlle unha carta á súa filla Sasha, pedíndolle axuda para o
seu pobo e para ela que estaban a vivir nun campo de refuxiados.
Ao
rematar cada película fixemos debates, dirixidos polo presentador.
Despois
diso, en pequenos grupos, fixemos varias actividades: mandarlle
mensaxes a Fátima ou a Sasha, tomar té nunha “jaima”,
puxéronnos panos na cabeza, bailamos, escribimos o noso nome,...
todo segundo a cultura sobre a que foramos a traballar, a árabe.
Gustounos
a actividade porque o pasamos xenial! E, ademais, aprendemos aspectos
doutra cultura.
(Rapaces
e rapaces de 5º de E.P.)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)