23/4/20

CIENCIA NA CASA: A DENSIDADE DA MATERIA

Álex Seoane está intentando aprender un pouco máis sobre a materiae facéndoo coa práctica. Neste vídeo explícanos moi ben o concepto de densidade.
Cando temos dous obxectos do mesmo tamaño (ocupan o mesmo volume) terá maior densidade o que pesa máis (ten máis masa).
Que vos parece:
Ten máis densidade o papel ou o ferro?
Ten máis densidade a area ou a auga?
Déixovos unha ligazón na que tedes actividades para aprender e experimentar un pouco  máis:
Actividades ciencia para nenos e nenas

DÍA DO LIBRO - ENIA E CLOE BUSCAN A SEU CURMÁN

Hoxe celebramos o Día do Libro con moooita lectura. No blog de orientación podedes atopar contos contados por diferentes profes do cole; gustaránvos moito.

Pero nós tamén contamos e hoxe publicamos a 2ª parte do Conto de Cloe e Enia escrito e ilustrado por Álex Varela, Andrea, Ailén, Iago e Claudia.

21/4/20

PIZZA CASEIRA - ÁLEX VARELA

Agora xa sabemos o motivo de que a fariña e o lévedo se agote nas tendas: todo mundo amasando na casa!
Aquí temos outra receita máis de pizza; diferente ás outras e con ingredientes para non quedar con fame!

AS TAREFAS DA CASA - ÁLEX VARELA

Tan importante coma facer tarefas escolares. É un bo momento para adxudicar resposabilidades e Álex Varela ten que ter o seu cuarto ordenado e limpo. Neste vídeo queda demostrado que está perfecto. A seguir así!

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO - 23 DE ABRIL

O día 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro para fomentar a lectura. E, xa que nestes días tempo hai para gozar da compañía dos libros, animávosvos a que compartades as vosas lecturas con nós (podedes enviar fotos no voso rincón de lectura preferido, comentarios aquí mesmo recomendando algún libro...)

Déixovos a ligazón ao blog de Orientación do noso cole no que poderedes ver as sesións diarias de contacontos que se van publicando. Tamén tendes un acceso directo desde a parte dereita do noso propio blog.

Este é o libro que acabo de rematar eu; gocei moito da súa lectura que me trasladou a aun tranquilo pobo británico a principios do século pasado. Sen dúbida unha evasión no tempo de confinamento.

20/4/20

PIZZA CASEIRA 100%: MARTINA E ÁLEX

O proceso de elaboración da masa resulta moi interesante para estudar a transformación da materia; ese era o obxectivo desta tarefa.
E ademais o cheiro que vai soltando a masa cando fermenta...
E xa non digamos o final... Vaia banquete houbo.
Fixéstelo xenial!

ÁLEX E MARTINA: TARTA DA AVOA

Aquí traballan en parella e así acaban máis rápido e poden axudarse. A tarta da avoa seguro que todos a coñecedes pero... Cadaquén faina ao seu xeito: con crema, con chocolate polo medio, con chocolate por riba, con nata.
Seguro que rica, rica.

RESISTIRÉ: SANTIAGO AND FAMILY

Vemos que resistimos mellor facendo todas as tarefas, da casa e do cole, e ademais con alegría porque... Nunca choveu que non escampara!
Moitas grazas familia pola vosa colaboración.

CLAUDIA - MINIPIZZAS CON PAN DE MOLDE

Esta receita e moi doada de facer e podes elixir moitos ingredientes diferentes. A pinta é boísima Claudia; cociñaches moooi ben!

XEADO DE AMORODOS - ANDREA

Este xeado que fixo Andrea co seu robot de cociña parece moi saudable porque leva moita froita, nada de graxas e pouco azucre. A pinta é boísima. Ademais está moi ben explicado e esforzándose coa lingua galega. Parabéns!

19/4/20

ARROZ CON VERDURAS - ANDREA

Andrea preparou unha comida moi saudable usando un robot de cociña, chamado Thermomix, que parece facilitar moito o proceso de cociñar.
Pero tamén explica todo o proceso como unha auténtica profesional. Parabéns por este fantástico traballo!


NOELIA E CRISTINA NA COCIÑA

Cristina e Noelia preséntannos 3 receitas: Mona de Pascua, pedras de Santiago e galletas de avea con plátano e chocolate. Non vos perdades nada pero, sobre todo, a espectacularidade da mona de Pascua con forma de tren!
Moitas grazas familia!


17/4/20

TARTA DE MAZÁ - LARA

Quen se apunta a facela? Parece bastante doado e ademais aquí queda a receita e as imaxes do proceso; quen teña dúbidas que lle pregunte á chef Lara.



RESISTIRÉ - CRISTINA E NOELIA

A pesar do confinamento, non lles falta enerxía a estas dúas; con cambios de vestiario e todo. A topeeee!

16/4/20

ENIA E CLOE - 1ª PARTE

Traballar en equipo na distancia é posible; aquí tedes a primeira entrega do conto en cadea que fixemos coas aportacións de todo o alumnado de 5º A.
Como é un pouco longo e ademais para crear un pouco de expectación vai a primeira parte, feita por Joel, Lara, Cristina, Noelia, Álex Seoane e Seil.
  


COCIÑA NA CASA - Nº1 - MARQUESA DE AMÉNDOA

Empezamos coas achegas desta semana: santiago foi o primeiro en poñerse a cociñar e a elaborar esta tarta: "Marquesa de améndoa".
Coa axuda de súa irmá e súa nai fixeron este vídeo para compartir con todos nós. Ten unha pinta boísima e non parece difícil. Iso sí, coidado co azucre que despois non van servirnos os pantalóns!


14/4/20

CARMELA TAMÉN RESISTIRÁ

Sempre me encantou comprobar por min mesma o que pido para a rapazada. E esta é unha desas ocasións en que te das conta de que non era tan doado facelo; aínda así mereceu a pena.

Anímovos, valentes, a que o fagades tamén. E, en familia, moito mellor!

CONTO DESPREGABLE ÁLEX SEOANE

E seguimos publicando as aportacións do alumnado de 5ºA. Un novo conto despregable, feito con moitísimo mimo e presentado así de ben. Fermosísimo.

OH NA NA NA - A FAMILIA PORTOS NA CORENTENA

Estas familias están que non paran e van contaxiando o seu entusiasmo aos demais; iso é unha boa terapia para manternos unidos como grupo aínda que sexa a distancia.

O reto para esta semana e ver quenes son capaces de facer un pouquiño deste baile que precisa dunha enorme coordinación de movementos.

Parabéns por facelo tan ben e por compartilo con nós!

10/4/20

BOTÁMOSVOS DE MENOS

Esta presentación está feita por persoas que traballamos no cole e adicada a todo o resto da comunidade educativa: a vós, peques, porque estades a facelo moooooi ben e a vós, familias porque estades contribuindo a que todo vai o mellor dentro do difícil.
Ánimo, xa queda menos!