Bruno, Antón, Sara Míguez, Diego e Chano remataron o traballo e así de satisfeitos estaban ao remate.
Rechearon as latas de bebidas con pedriñas, uniron con cemento, buscaron a maneira de equilibrar os materiais reciclados co motor aportado pola empresa e non perder de vista o sentido estético.
Tiveron que superar múltiples problemas que foron resolvendo por sí mesmos o buscando algunha axudiña ou suxestión. moi poucas. O caso é que o trebello funciona a pesar de que non houbo posibilidade de repoñer unha peza, a peza, defectuosa.
Parabéns para este equipazo polo traballo tan coordinado que conseguiron levar a cabo durante estes días e tamén polo resultado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario